O AD Alcorcón, colider nestes intres co Cordoba CF, ambos con 29 puntos, 4 por enriba dos nosos, enfrontarase ao Depor o vindeiro sábado 14 de Xaneiro no “Santo Domingo”, a partires das 17:00 horas.
Para este encontro o equipo madrileño, no que milita o ex deportivista Pedro Mosquera, mandalle ao RC Deportivo 300 entradas, das que 120 serán despachadas polo clube, e 180 pola Federación de Peñas Deportivistas, a un prezo de 15 euros. Un número de entradas que non chega a nada, habida conta da grande cantidade de peñas que están na contorna de Madrid.
Dende a Federación de Peñas xa nos anunciaron que non lles chegan as 180 que ten para repartir, debido o alubión de peticións, polo que fará un raparto equitativo e o máis xusto posible. Para as peñas que solicitaron antre 1 e 3 entradas, seránlles concedidas, para as que pediron máis entregaránselle 3-4. Logo se algunha peña polo número de entradas, non lles fai xeito e non queren ningunha, a federación prega que se lles comunique, para despacharllas a ourtos peñistas.
O clube alfareiro si permitirá que se merquen entradas noutras zonas do campo, pero neste caso, sen que esté o deportivismo xunto, (como debería de ser), e ainda non se sabe o prezo das mesmas. estas terían que ser mercadas vía online polas canles do equipo madrileño.
-Foto : RC Deportivo
-Texto : piratasdemuxia.