AS 12 DA MAÑÁN O DEPORTIVISMO DESPEDIRÁ A ARSENIO IGLESIAS CUNHA QUEDADA NA “PORTA 0” DO ESTADIO DE RIAZOR.

 

Se xa foi despedido por milleiros de deportivistas que pasaron pola capela ardente no Estadio de Riazor, o “pai do deportivismo”, Don Arsenio Iglesias, hoxe sábado 6 de Maio será despedido cunha quedada do deportivismo auspiciada pola Federación de Peñas Deportivista, o noso ilustre deportivista, cando o seu cadaleito abandone o lugar no que tantas veces nos fixo feliz, coa sua sabeduría, humildade e bo facer.

Logo o Día das Peñas, que se celebará a partires das 13:00 horas convertirase no Día de Unión do Deportivismo en homenaxe a Don Arsenio Iglesias con tódolos actos que se levarán a cabo adicados a él, ao que lle estaremos eternamente agradecidos, D.E.P.

-Foto : Federación de Peñas

-Texto . Xosé Búa “Pirata”