ARTURO DEIXA DE SER XOGADOR DO DEPOR TRAS ACORDO MÚTUO CO CLUBE DE RESCISIÓN DE CONTRATO.

 

Arturo deixa o RC Deportivo tras un acordo mútuo para rescindir o contrato que os unía ata o final da vindeira tempada. O sobriño do escritor Pérez Reverte pasou con máis pena que groria polo noso clube. Chegou no mercado de inverno como reforzo e será lembrado polo gol cantado que errou en Ferrol e que supuxo que non se pasase do empate o que lle brindou os ferroláns o comezo dunha alfombra que lle fomos texendo cos rivais diretos para acadar un ascenso que por culpa dun nefasto adestrador, e unha dirección deportiva que non reaccionou a tempo fixo que tivésemos que ir a lotaría do Play-Off.

O dianteiro cartaxinés que chegou con toda a ilusión o noso equipo queda agora libre para fichar por quen queira. O noso desexo de que todo lle vaia do milloriño, agás cando se enfronte a nós, se cae nun equipo do noso grupo. 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”