ARTIGO DE AUTOR : “Sete deportivistas entre España e Francia”…Por Rubén García.

Aqui vos deixamos un novo artigo de autor do noso colaborador Rubén García no que nos desvela ou máis ben, nos trae a lembranza o que foi o Depor e o poder que tivo a nivel mundial. Nada menos ca 7 deportivistas había nun España-Francia da Eurocopa 1996.

Sete deportivistas entre España e Francia

Hai datos que explican unha época mellor ca calquera clasificación.

Hai trinta anos, nun España-Francia da Eurocopa de 1996, había sete futbolistas que, antes ou despois, vestirían a camiseta do Deportivo: Donato, Manjarín, Molina, Julio Salinas, Amavisca, Corentin Martins e Mickaël Madar.

Hoxe unha utopía…que foi unha realidade

Hoxe parecería imposible. Daquela era simplemente unha consecuencia do lugar que ocupaba o Deportivo no fútbol europeo. Os internacionais chegaban á Coruña porque o Dépor era un dos clubs máis atractivos do continente.

Por iso a vitoria de España sobre Francia neste Mundial tamén invita a mirar polo retrovisor. Oyarzabal, de penalti, e Pedro Porro, culminando unha impresionante xogada colectiva, marcaron os goles que levan á selección á súa segunda final mundialista. Agora agarda a Arxentina ou Inglaterra.

Na Coruña, porén, este España-Francia deixa unha lectura diferente.

Que sete futbolistas vinculados a un mesmo club aparezan arredor dun duelo entre dúas potencias como España e Francia non é unha simple curiosidade. É unha medida da dimensión que alcanzou aquel Deportivo, capaz de atraer e reunir talento das mellores seleccións do mundo.

Os grandes clubes non só se lembran polos títulos.

Tamén porque, moitos anos despois, seguen aparecendo onde ninguén esperaba atopalos: nas mellores historias do fútbol.

Iso non se pode borrar. E, sobre todo, é unha boa razón para crer que algún día volverá.

-Fotomontaxe : Xosé Búa “Pirata”

.