A temporada 2025/26 da Liga da Costa comezou este pasado Domingo da Barca con choiva de goles e moita igualdade nalgúns encontros. A xornada inaugural deixou como destacados a Xallas FC, Outes FC e CD Muros, que sumaron tres puntos importantes no seu debut.
No Campo da Fontenla, o Xallas FC non deu opción ao Corme CF cun contundente 4-0, estreándose como un dos favoritos. Tamén goleou fóra da casa o Outes FC, que se impuxo con claridade ao CD Baio (1-4), nos dous choques máis destacados da xornada.
Houbo tamén partidos de máxima igualdade: o Mazaricos CF e o UD Corcubión empataron a dous (2-2), mentres que nos choques con recén ascendidos, o SD San Lorenzo e o Sporting Zas asinaron táboas (1-1). Igual marcador se rexistrou no encontro entre UD Monte Louro e Sofán SD “B”.
O CF Porteño levou os tres puntos nun choque vibrante fronte ao Cabana SD (3-2), e o S.C.D. Malpica, (outro dos recén ascendidos), venceu no feudo do SD Ponteceso , (1-3). Fai unha semana o CD Muros derrotaba ao Soneira SD pola mínima, (1-0).
Resultados
-
C.F. Porteño 3-2 Cabana S.D.
-
Puenteceso S.D. 1-3 S.C.D. Malpica
-
C.D. Baio 1-4 Outes F.C.
-
Mazaricos C.F. 2-2 U.D. Corcubión
-
S.D. San Lorenzo 1-1 Sporting Zas
-
Xallas F.C. 4-0 Corme C.F.
-
C.D. Muros 1-0 Soneira S.D.
-
U.D. Monte Louro 1-1 Sofán S.D. “B”
Clasificación
-
Xallas F.C. — 3 pts
-
Outes F.C. — 3 pts
-
S.C.D. Malpica — 3 pts
-
C.F. Porteño — 3 pts
-
C.D. Muros — 3 pts
-
Mazaricos C.F. — 1 pt
-
U.D. Corcubión — 1 pt
-
S.D. San Lorenzo — 1 pt
-
Sofán S.D. “B” — 1 pt
-
Sporting Zas — 1 pt
-
U.D. Monte Louro — 1 pt
-
Cabana S.D. — 0 pts
-
Soneira S.D. — 0 pts
-
Puenteceso S.D. — 0 pts
-
C.D. Baio — 0 pts
-
Corme C.F. — 0 pts
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”