ARMENTEROS MANDA UNHA MENSAXE DE TRANQUILIDADE ECONÓMICA E DEPORTIVA DO RC DEPORTIVO NAMENTRA SE ULTIMA A CHEGADA DE FERNANDO VÁZQUEZ

 

O presidente interino do RC Deportivo, Juan Antonio Armenteros visitou esta mañán aos xogadores e técnicos do Depor en Abeondo e nunhas ecuetas verbas para a prensa mandou a afección unha mensaxe de “tranquilidade económiva e deportiva do clube”, trala sua irrupción na entidade deportivista ata a Asemblea Extraordinaria de Accionista dos días 13-14 de Xaneiro.

Armenteros do grupo de Fernando Vidal, trasmiteulles tranquilidade aos xogadores e espera pechar en breve a chegada do novo técnico, que como puido saber de boa man piratasdemuxia.es, será o vindeiro luns ou todo máis tardar o martes, debido aos tan coñecidos no mundo do fútbol e que Lendoiro puxo de moda, flecos.

Segundo nos comentan, Fernando Vázquez está tolo por coller as rendas do equipo de novo, algo do que lle privaron, (ou máis ben privou), non hai moito, tras ascender o equipo a Primeira, co beneplácito e cariño do 99% dos afeccionados, (sempre hai o que non está de acordo, ou tanto lle ten).

Soa moi forte a volta de Luisinho, e a pesares de que está a xogar no Huesca, o luso quer voltar, primeiro polo cariño dos afeccionados e do que para él e o RC Deportivo e pola proximidade con Porto, a sua casa.

José Antonio Armenteros que segundo comentou : “seguramente sexa a derradeira maniesfatación que faga”,  dixo que se farían os comunicados que fxeran falla e repiteu que tomaron a decisión de entrar antes da asemblea debido a : “pasividade dos que estaban que non quixeron adoptar as medidas urxentes que había que tomar”, (no vídeo as suas verbas o completo).

Tamén recibimos moitas mensaxes indiganadas cun artigo aparecido nun xornal coruñés no que se fala da “honrosa” despedida de Paco Zas, namentras que se está atacando a Augusto César Lendoiro a diario, un home que tivo un xuizo do que saeu absolto e do que o RC Deportivo se retirou o ver as decisións dos xuices con respecto as denuncias, que quedaron en palla. Temos que falar deste tema porque son mooitos os que nos pediron que deberíamos decir algo sobre o tema.

 

-Foto : Captura do vídeo 

-Vídeo : Canle de YouTube do RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.