ARDE A RUMOROLOXÍA EN TORNO A CHEGADAS E SAIDAS NO RC DEPORTIVO : FERNANDO SORIANO, LEBEDENKO, BALENZIAGA, RODRI RÍOS, DEL REAL, DANI NIETO…

 

Ante a falla de informacións por parte do RC Deportivo, que tamén ata estar as cousas confirmadas non teñen porque dicir nada, que é o normal esteña quen esteña, as redes sociais arden con rumoroloxía, co “disque”, de toda a vida, o “ruxe, ruxe!. Aquí van unhas cuantas para que vexades as máis importantes nun só artigo.

Fernando Soriano falará mañán

O clube ainda non o anunciou pero parece ser que Fernando Sorian pasará mañán pola mañán por sala de prensa e estará acompañado por Carlos Ballesta, que a falla de 11 días escasos para que sexa membro da diretiva xa o poñen o fronte dunha parcela.

Lebedenko traspasado a un equipo portugués

Non era unha nova que se esperara, pero cando o di La Voz, que parece que ten infiltrados dentro do clube, ou dos que saliron pero saben o que se coce, di que o Depor recibeu unha oferta polo lateral esquerdo ukraino, Lebedenko, que chegou no Nadal procedente do Lugo e deu un bo rendemento. O seu destiño sería a un Primeira luso, e recibindo o clube deportivista un bo traspaso.

Balenziaga cáseque a punto

O lateral dereito vasco Balenziaga, (35 anos), xogador toda a sua vida no Atlhetico Club, e que o ano pasado perdeu a titularidade, deixa o clube da sua vida e podería ser o seguinte en chegar o clube deportivista, segundo apuntan varios medios. O xogador ten ofertas, (disque), de varios clubes, pero é sabedor do que é o Depor e que sería a sua primeira opción.

Rodri Ríos tamén a piques de vir

Todos falan do preto que está o dienteiro Rodri Ríos, un rapáz de 33 anos, pero que o ano pasado asombrou a 1ª Federación cos seus 20 goles en 14 encontros, e que fixo que o Ceuta fose o mellor equipo da segunda volta. De comezar a liga nesta segunda volta os ceutís sería líderes destacados.

Juan Carlos del Real sin equipo e sona

Outro dos que sona é Juan Carlos del Real, ex deportivista que acabou contrato co Huesca e quedou sen equipo. Nada podemos falar dél pois nada sabemos do que fixo no Huesca. Só que no Depor amosou detalles de calidade.

Dani Nieto espera polo Depor

Segundo unha información do DXT Campeón, Dani Nieto, que a pasada tempada xogou no Atlético Baleares, está a esperar polo Depor. Segundo o xornal deportivo coruñés, o seu propio representante dixo que : “Dani quere esperar o Depor…Estivemos en conversas con Fernando Soriano por Dani e por outros dous xogadores. Polo outros dous non vai a haber nada pero Dani si que ten interese no Deportivo”. Nieto de 32 anos xogou en Ecuador co Independiente del Valle co que gañou a Copa Sudaméricana do 2019. Coa chegada do COVID 19 vense para España enrolándose nas filas do Ferrol, do que se foi ao Atlético Baleares en xaneiro deste ano.

 

Agora veremos que sae de todo isto, pero como di un dito mariñeiro : “metendo carnada ata o máis tono colle un peixe”.

 

 

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies