O Camelle xogou un dos 3 encontros que tiña aprazados.
A RFGF informou aos clubes que teñen aprazados encontros por causa da pandemia que día deberán xogar ditos encontros.
Na Liga da Costa son 4 encontros no Grupo 1A e 5 choques no Grupo 1B, namentras que na 3º da Costa, na que xa se xogou o pasado venres 1, quedan por xogarse un total de 3 choques. Nos cadros tes as datas destes encontros, agora os clubes deberán poñerse dacordo coa hora. Esto fará que os equipos terán que xogar 2 choques por semana, sumándolles os que teñan de liga. Esta semana hai parón nas ligas por mor do Entroido, o que axuda un pouco.
*Voltando o SD Camelle, ainda que no cadro pon que co Sporting Seaia CF estipulan o choque en terras malpicanas para o 1 de Marzal, ambos clubes xa teñen acordado fai unha semana que xogarán este venres 25 de Febreiro a partires das 21:00 horas.
-Foto e Texto : piratasdemuxia