APRAZADO O DEPORTIVO FEMININO-BETIS O ESTAR AILLADAS 15 XOGADORAS DEPORTIVISTAS.

 

O fútbol español desmorónase, tras unha récula de casos positivos de Coronavirus por tódolos lados. O RC Deportivo ven de informarnos da suspensión do Deportivo Feminino-Betis da Liga Iberdrola o estar en aillamento 15 xogadoras deportivistas. Así no lo confirman dende o RC Deportivo : 

O Xuíz de Competición da Real Federación Española de Fútbol aceptou a solicitude do Real Club Deportivo e confirma o adiamento do próximo partido de Primera Iberdrola do Deportivo ABANCA: o do domingo 10 de xaneiro ás 12:00 h. ante o Real Betis en Abegondo. O Deportivo tamén solicitou o adiamento do encontro do mércores 13 de xaneiro en Madrid fronte ao Rayo Vallecano, correspondente este á 7ª xornada aprazada xa no seu día e espera a resolución do ente federativo.

O motivo é que un total de quince xogadoras do Deportivo ABANCA permanecerán os próximos días en illamento, tal e como estipulan as autoridades sanitarias, ao ser contacto estreito dunha persoa positiva en COVID-19.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piaratsdemuxia/RC Deportivo