APELACIÓN DESESTIMA O RECURSO DO RC DEPORTIVO POLA FLAGRANTE ALIÑACIÓN INDEBIDA DO BILBAO ATLHETIC AMOSANDO UNHA VEZ MÁIS O CORRUPTO QUE ESTÁ O FÚTBOL ESPAÑOL.

 

O Comité de Apelación dalle a razón ao Comité de Competición e ao Bilbao Athlhetic e desestima o recurso do RC Deportivo, na sua denuncia por aliñación indebida dos xogadores Artola e Diarrá, no choque do filial bilbaino e o Depor.

Competición deulle a razón fai unhas semanas ao RC Deportivo en todo, ata chegando a decir que : “la interpretación de las normas debería concluir con el acogimiento de la tesis del club denunciante”, pero o final non lle da os puntos o clube deportivista, e agora Apelación dalle a razón a Competición, pero tampouco.

O RC Deportivo só lle queda recurrir ao Tribunal Administrativo do Deporte do Consello Superior de Deportes, (TAD9, cousa que vai a facer segundo informan algúns medios.

Cando o Fuenlabrada incumpleu o que non hai nos escritos, e o xuiz da RFEF nunha resolución de 45 páxinas dixo que : “O Fuenlabrada ten que ser descendido e sancionado economicamente por neglixencias graves e gravísimas”, Tebas encargouse de que isto non pasar. Cando se solicitou unha liga de 24, o Comité Superior de Deportes, mandou un mediador e este abogou en pos de Tebas e a LFP, (semanas despois o fillo  do mediador era nomeado Xefe de Proxectos da LFP. Os clubes todos miraron a outro lado, e todo sigueu igual, nen a afinidade de Tebas co Fuenlabrada foi suficiente para que o destituisen do cargo.

Esto e moito máis son un cúmulo de actos que amosan o corrupto que está o fútbol español. Agora, e despois de moitas máis das que enumeramos, un clube pon a xogar a dous xogadores que estaban sancionados e dáselle a razón.

Aclarar que supostamente cumpriron sanción contra o extremadura, equipo excluido da competición, polo que non existe na mesma, os seus encontros non teñen nen árbitros, nen acta de haberse xogado, nin nada, porque non existe, polo tanto, e loxicamente, non se pode tomar como que se cumple sanción, xa que non é un encontro.

Tanto é o esperpento que o mesmo Comité de Apelación nun caso similar dun UE Sant Andreu-CF Pobla Mafumet,  considerou a existencia de aliñación indebida.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia