Aparecen dous antigos confesionarios o retirar o recebo dunha das paredes interiores do Santuario da Barca.

Nas obras que se están a levar a cabo no Santuario da Nosa Señora da Barca, (Muxía), no interior estase a retirar o recebo que pode levar centos de anos, unha actuación para tratar de eliminar as humidades, actuacións que tamén se están a levar a cabo no exterior pero que non afectarán os actos litúrxicos da novena, (que comezou este 3 de setembro), nen da romaría, (días 11-12-13 e 14), o retirar o recebo da zona entrando a man dereita, o que parecía que detrás tería o que fora unha porta tapiada resultou ser unha oquedade do que foi un confesionario, e ao seu carón apareceu outro e todo apunta a que a parede de enfrente, ainda sen desenrecebar haberá outros dous.

Esa oquedada taponada sabe Deus cando, pois consultadas persoas de avanzade idade nunca os viron, terían uns cortinóns, e o cura no interior un banco e fora o títpico poio de axeonllarse para as confesións.

O aspecto que deixa o Santuario sen o recebo encántalles os ferigreses e o párroco, un comentario que non deixa dúbidas para ninguén.

Actualmente segundo a responsable da obra por parte de Patrimonio, están a facer catas na pedra para saber a salinidade que presentan e segundo os resultados podería haber a posibilidade de que quedase a pedra o descuberto, coma cando se construeu a actual ampliación de estilo barroco no 1719 , (houbo templos máis pequenos que se foron ampliando dende a Idade Media, segundo está documentado).

–

-Texto e fotos : Xosé Búa “Pirata”

-Foto interior : Luis Romero

–