O Muxía CF, (Liga da Costa), ven de asinar ao xove talento, Ánxo Pose, (Muxía-2003), xogador de medio campo, que se fixo na canteira do UC Cee, nas categorías primeiras, e que rematou a sua formación no CF Dumbría, co que xogou na Liga Galega.
Ánxo, que coincidirá no equipo da Vila da Barca co seu primo, Isma Pose, é fillo do hosteleiro, ex xogador muxián, Miguel do Lagiño, que xogou no Muxía CF dende o 1986 ata o 1994, cando se retirou. Miguel foi un dos míticos muxiáns, xogando de central e medio defensivo.
Duas fichaxes no UC Cee
Tralas renovacións de Maikel , Pablo, Chila e Iago, o UC Cee anuncianos as fichaxes de Fabián, chegado do SD Fisterra, co que ven de ser campión da “LVII Copa da Costa” e a volta de Rubén, que tras formarse na base do equipo ceense, enrolouse no Bergantiños FC, e está de volta cos ceenses para afrontar unha nova tempada na Liga da Costa.
Se queres que informemos dos movementos e novas do teu equipo, sexa do deporte que sexa contacta connosco en info@piratasdemuxia.es ou no whatsapp 626 72 00 47, así coma se che interesa publicitar o teu negocio. Cada día en torno a 60.000 visitas.
-Foto : Muxía CF
-Texto : piratasdemuxia