ANTOÑITO REPITE POR UN ANO MÁIS CO DEPOR.

 

Antonio Jesús Regal Angulo “Antoñito” (Herrera, 11 de decembro de 1987) asinou hoxe a súa renovación por unha temporada co RC Deportivo polo que afrontará a súa primeira temporada completa como branquiazul.

O lateral dereito sevillano adestrouse durante unha semana en abril ás ordes de Borja Jiménez antes de asinar co Club após a invitación que lle cursou o Dépor para sumarse aos adestramentos despois de rescindir o seu contrato co FC Cartagena no aterior mercado de inverno.

A partir de aí disputou seis partidos e anotou un gol nos máis de 500 minutos que xa defendeu a camiseta Deportivista.

Valladolid (87 partidos), Poli Ejido (79), Albacete Balompié (68), Écija Balompié (65), FC Cartagena (64), Córdoba e Almería B (30 cada un) son os Clubs nos que militou Antoñito até a súa chegada ao Dépor.

Desde os seus comezos no CD Fuengirola Xuvenil e nas categorías inferiores do Poli Exido, Antoñito acumula 429 partidos e 21 goles entre 2ªB (207-18), 2ª (155-1), 1ª (45-2) e Copa do Rei (22).

-Foto e Texto : rcdeportivo.es