ANTONIO HIDALGO : “Yeremay ten un problema no pubis, Imos intentar que o tempo de recuperación sexa o menor posible”.

 

O adestrador do Depor, Antonio Hidalgo, analizou o partido deste domingo en Riazor ante o Granada CF (21:00 horas), falando da situación de varios xogadores e do momento do equipo.

Sobre o estado de Yeremay Hernández, explicou que o futbolista leva tempo arrastrando problemas físicos:
«Yeremay arrastra molestias de pubis desde hai tempo e o outro día focalizáronse un pouco máis no adutor. Imos intentar que o tempo de recuperación sexa o menor posible. Non hai nada grave».

O técnico deportivista tamén sinalou que aínda non hai unha data concreta para a súa volta:
«Non temos unha data concreta para a recuperación de Yeremay. Pouco a pouco vai tendo mellores sensacións. Son doenzas difíciles de tratar e neste tipo de futbolista esa chispa de velocidade é clave».

Ademais, explicou que o extremo está nun proceso de readaptación e que o obxectivo é que poida chegar nas mellores condicións ao tramo final da tempada:
«Yeremay está no proceso de readaptación, os días de descanso vanlle vir ben. Imos intentar que na parte final poida estar a tope. Vexo que está tranquilo e traballando coa máxima dedicación».

En canto ao rival, Hidalgo advertiu do perigo do conxunto andaluz:
«Teremos enfronte a un rival con moitísima enerxía, con bandas moi poderosas e que adoita facer unha presión moi alta».

Tamén valorou positivamente a posible presenza de Juan Diego Molina ‘Stoichkov’:
«Que poida xogar Stoichkov é unha gran noticia. Vén de facer gol e iso daralle máis enerxía. O Granada ten bos xogadores, aínda que non acaba de atopar unha serie de resultados que o coloque nunha zona tranquila».

O técnico destacou tamén a forza do vestiario deportivista:
«Sabemos que temos un gran grupo humano. Normalmente falan máis os xogadores que participan moito, pero tamén hai xente que está xogando menos e que está empurrando moitísimo».

Sobre o xogo do equipo, Hidalgo lembrou que o nivel de esixencia tamén está na maneira de conseguir as vitorias:
«A esixencia tamén está na forma de gañar. É o que demanda a xente e hai que aceptalo e escoitalo. Temos que atopar un equilibrio, ter algo máis de pausa e saber atacar cando o rival se encerra».

Tamén se referiu ao momento de Bil tras o seu gol no último encontro:
«Estamos intentando casar a idea de club baseada na canteira coa máxima esixencia. O gol de Bil vainlle supoñer un chute de enerxía».

O adestrador tamén valorou o papel dos futbolistas máis experimentados:
«Os veteranos están entendendo que antepoñemos o colectivo ao individual. Estou contento con como estamos xestionando esa situación».

Para Hidalgo é clave que todos os futbolistas se sintan parte do equipo:
«Gústame que todos se sintan partícipes. Non concibo plantillas nas que haxa xente que non xogue nunca, non ten sentido. A partir de aí todos poden entrar no once e cando saen e o fan ben esas posibilidades aumentan».

E nas súas primeiras palabras referiuse ao papel de Dani Barcia ao longo da tempada:
«Dani Barcia foi moi importante ao comezo da tempada. Agora deixou de ter minutos porque hai outros que o están facendo ben na súa posición, pero segue traballando».

.

-Fotomontaxe e texto : Xosé Búa “Pirata”

-Vídeo : RC Deportivo