ANTONIO COUCEIRO FIXO REPASO A ACTUALIDADE DE FICHAXES, TRASPASOS, ABONOS, ETC…

 

Antonio Couceiro, presidente do RC Deportivo, pasou por rolda de prensa e desgranou cos xornalistas moitas das dúbidas, e ánsias de información que imperan no deportivismo, trala decepción de fai un mes, con obstracismo dende aquela, a excepción das fichaxes de Gorka Santamaría, Isi Gómez, Narro e Edu Sousa. Un mercado sobre o que dí o mandamás deportivista : 2Entramos con forza, poñemos os nosos ollos en xogadores con experienza e rendemento contrastado”.

Borja Jiménez e área deportiva

Dixo Antonio Couceiro que no área deportiva, “estamos nas mellores mans, dende o punto de vista de profesionais”, neste eido. Explicou a decisión de darlle continuidade o proxecto con Borja Jiménez a cabeza : “Como trasladamos desde o primeiro día, o noso carácter de consello administración profesional trata de analizar sempre os diferentes escenarios #ante as situacións complicadas. Iso foi o que fixemos, avaliando cos informes da secretaría técnica cales eran os distintos escenarios. A conclusión foi que o mellor era darlle continuidade ao proxecto iniciado. Temos confianza e démoslle respaldo ao traballo de Borja Jiménez, o que se mostra coa continuidade. Estamos convencidos de que é mellor construír sobre o que temos e ademais mostrou unhas altas capacidades”, dixo o mandatario deportivista, que calificou a tempada pasada de “notable alto, ou sobresaliente”, que non acadar o obxetivo, “ensombreceu moito as cousas boas que se fixeron”.

Que pasa con Quiles?

Unha das cousas que nos quitan o sono é que nos poidan levar, ou vender a Alberto Quiles. Estes días saltou a nova de que incluso podería ampliar contrato co RC Deportivo. Sobre este tema, Antonio Couceiro dixo que : “Asinou un contrato por dous anos e non hai ningunha intención de rompelo, e neste momento tampouco o hai de amplialo…Non hai temor con él. O acordo é total de permanencia no noso club”.

A posible volta de Soriano e Antoñito

Dixo que era “razonablemente optimista” a volta de dous xogadores que deixaron bo sabor de boca.

Abono por Isi Gómez

Namentras que o presidente do Córdoba dixo que o Depor tiña que pagarlles porque tiña un precontrato, Couceiro dixo que : “O precontrato remataba o 30 de Xuño, polo que non tivemos que pagar nada”.

Sobre a polémica ca operación de Trilli

O presidente deportivista dixo sobre o que se escribeu da polémica na operación de Trilli : “Gustaríame aclarar que por política do club non imos saír a desmentir a medios en gran cantidade de inexactitudes que deixan terceiras persoas a través deles. Estamos moi sorprendidos co sucedido ao redor da operación de Trilli. O futbolista tivo todas as atencións necesarias, as mesmas que recibe calquera outro compañeiro. Decidiuse contar con máis opinións médicas en Barcelona e O Porto, todo iso pago polo club, e ambos os especialistas confirmaron que o tratamento era o correcto, aínda que a lesión non evolucionada como debía. O Deportivo ofreceu ao xogador operarse en Madrid, pero é a propia familia a que manifesta que prefire asumir a operación en Barcelona, sen preguntar en ningún momento ao club se pode afrontar ese gasto. Nin Trilli nin a súa familia trasladou outra cousa ao club que non sexa agradecemento”.

A continuidade de Yeremay

Couceiro falou ben do xogador canario, que ten contrato ata 2024, pero non “podo trasmitir se terá ficha do primeiro equipo…É un xogador talentoso e gustaríanos que trunfase aquí”.

Sobre o “Caso Noel”

Dixo o presidente deportivista que, “haberá unha compensación razoable”, popr parte do Real Madrid, que se leva a un xogador ao que lle encheron a cabeza de paxariños, e deixou a casa que o formou, tras dar largas durante toda a tempada, en troques de pensar no clube de toda a sua vida. “Entendeu que o seu futuro non pasa polo Deportivo, polo que non nos quedou outra que negociar o seu traspaso”, dixo o mandatario deportivista.

Lucas Taibo outro canteirán cos pés fora

“Fíxoselle unha oferta coma os outros canteiráns, pero a decisión está no seu entorno e parece que vai por deixar o Deportivo…Haberá que esparar acontecementos”, dixo Couceiro, que tamén falou da marcha de xogadores xoves polos cantos de serea de fora, e da satisfacción dos canteiráns no Deportivo, que supera segundo unha enquisa interna, o 80%.

Sobre os dereitos de televisión

Dixo fai unhas semanas o director de Footters, que o Depor foi o único equipo que cobrou menos do que xerou, dos 40 equipos da 1ª RFEF. En torno a un 40% dos aboados da cadea eran siareiros deportivistas. Para Couceiro que dixo que cobraron 300.000 euros de televisión, “non creo que vaia a trocar moito con respecto a pasada tempada”.

O grupo que nos tocou o máis perxudicial

Desvelou que a decisión de como serían os grupos, foi por un só voto, e que a Real Sociedad B, non votou o non poder conectarse. “O grupo prexudica a nivel loxístico e vainos a condicionar, tamén en canto aos desprazamentos da afección”, dixo Antonio Couceiro.

Nova App do Deportivo e descontos os menores

“Vaise poñer en marcha a nova App do Deportivo que permitirá dispoñer do abono no móbil. Gustaríame avanzar que tras a gran resposta dos máis novos, o abono ADN ampliará a súa franxa de idade aos 18 anos e todos os abonos infantís redúcense un 50 %”, dixo sobre imnovacións e descontos para a chavalada.

 

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia.