ANTE O SILENCIO E A PASIVIDADE DO CLUBE A FEDERACIÓN DE PEÑAS DEPORTIVISTAS EDITA UN COMUNICADO E CONVOCA UNHA MANIFESTACIÓN PARA O VINDEIRO 29 DE XUÑO.

O deportivismo non recibe do clube o que da cada tempada.

 

A Federación de Peñas do RC Deportivo, xunto cas peñas Riazor Blues e Ol Faces, fixeron un comunicado conxunto para pedir “respeto”, e convocan unha manifestación o vindeiro 29 de Xuño a partires das 20:00 horas, cunha primeira concentración na Praza de Pontevedra, onde está a sede do RC Deportivoe logo marchar ata a sede de ABANCA na Rúa Nova.

A Federación de Peñas, en acordo cos peñistas e cas duas peñas históricas do clube fixeron días atrás un comunicado dos pasos a seguir, trala destitución de Rubén de La Barrera, a dimisión en banda da diretiva e a decisión de facer unha Asemblea Xeral de Socios de maneira telemática. 

Pasaron as suas, (nosas), queixas o único que queda da diretiva como procurador, Villasuso, e unha carta certificada o presidente de ABANCA, Escotet, (certificada), e non se recibeu contestación, e segue sen haber información, só os comunicados da fichaxe do Director Deportivo, Fernando Soriano, e o seu segundo de abordo, Juanjo Expósito, se siquera ser presentados, para que os accionistas, socios e afeccionados saibamos nada, de nada e sobre nada. Cousa que está a probocar, malestar e ansiedade antre todos.

 

COMUNICADO

 

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies