ANTE O ANUNCIO DO CONSELLO SUPERIOR DO DEPORTE DE XOGAR DUAS XORNADAS A PORTA PECHADA AS AFECCIÓNS PIDEN A SUSPENSIÓN DAS MESMAS.

 

Ante o anuncio que recibíamos do Consello Superior do Deporte de que as vindeiras duas xornadas de liga tanto na Primeira como na Segunda División do Fútbol Español se xoguen a porta pechada, as afeccións non se quedan paradas e dende a Federación de Peñas do RC Deportivo anúnciannos que se fixo chegar ao Consello de Administración do noso clube, (como están a facer outras agrupacións de equipos), que : “Traslade á liga, como fixeron outros equipos, a suspensión da competición. O futbol sen afeccións non ten sentido, é puro negocio, algo que desde a liga non queren ver, e para nós é o máis importante, iso e salvagardar a xogadores, técnicos…ten que haber garantías, para que poida xogarse con total normalidade”.

Unha petición ca que estamos totalmente dacordo : “sen afeccións, no é fútbol, é un sinsentido, só para encherlle os bolsillos as televisións e casas de apostas”.

Tomando como exemplo o que nos toca máis diretamente, este sábado que se xogue a porta pechada o Depor-Sporting de Xixón, afecta diretamente aos afeccionados e economicamente a cidade, xa que tanto para esta xornada como para a vindeira que visitamos Oviedo, había centos, (ou miles) de reservas en hoteis, apartamentos, restaurantes, etc.

Tebas na sua liña xa amosou a “satisfacción”, escudándose no goberno, (que non manda nas ligas), porque se xogue a porta pechada e que impere o interese económico : “Se o Goberno dio, suspenderase LaLiga, pero considerou que é suficiente con xogar a porta pechada”.

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia.es/Federación de Peñas Deportivistas

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies