ANQUELA QUE VER UN “DEPOR ATREVIDO” NO “TERESA HERRERA”

 

José Antonio Anquela pasou por rolda de prensa na previa do “Teresa Herrara” desta tarde ante o Real Betis Balompié a partires das 21:00 horas, (20:00 GMT).

O técnico deportivista quere ver ante un ‘Primeira División’ como o Real Betis “un equipo atrevido, que faga o que practicamos cada día. A ver se seguimos asimilando conceptos e crecendo como equipo”.

O seu desexo é que mañá o deportivismo vexa no decano dos torneos estivais “un equipo para tratar ao Betis de ti a ti. E oxalá o consiga”.

Precisamente cualifica de “moi esixente” este último test do verán: “Imos xogar cun gran equipo, que sabe o que quere e que xoga ben ao fútbol. É evidente que vai ser complicado. Pero usaremos as nosas armas e imos ver se somos capaces de competir e facelo a bo nivel”.

No seu modelo, asegura que “a iniciativa do futbolista non lla vou a cortar xamais”. Partindo desta premisa insiste nun Dépor “atrevido, ousado, que tente xogar o máis lonxe da nosa portería que nos permita o rival”.

Anquela insiste en que quere “competir. ¿Como? Tendo a toda a xente implicada e a toda a xente que crea neste novo proxecto no Dépor. Creo que o imos a facer e ímolo a facer bastante ben”.

Leva desta pretemporada que conclúe “sensacións positivas. Estamos a ver xente que estaba aí como os rapaces. O equipo está a dar un bo nivel, facemos o que se traballa. A ver se somos capaces de armar un bo equipo”.

Agora toca ao Deportivo “ir crecendo e mellorando. Porque a categoría na que imos competir é esixente non, o seguinte”.

Advirte iso si que quedan “dúas ou tres semanas para pechar o mercado e pode pasar calquera cousa. Espero que a nós nos pasen e que sexan boas”.

Precisamente dos fabrilistas que están ás súas ordes cada día no primeiro equipo espera “moito, porque cada día me están demostrando o que realmente levan. Eu creo que aí hai bos futbolistas capaces de competir como o fixeron o outro día (en Luarca ante o Unionistas de Salamanca CF). Se teñen que xogar, xogarán. Téñoo clarísimo. E se non esperarán e cando chegue o seu momento, estou convencido de que o farán máis que ben”.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es