ANQUELA EN ROLDA DE PRENSA : “O DEPOR É O EQUIPO MÁIS GRANDE DA SEGUNDA”.

 

Juan Antonio Anquela insistiu esta mañá na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que en Segunda División “en cada partido non se regala absolutamente nada. O nivel dos equipos está moi parello”.

Vaticina este domingo 25 de agosto en El Alcoraz de Huesca (19:00 horas, Movistar LaLiga e Gol) “unha tarde movidita”. “Vai ser polo estilo da do Oviedo. Imos tentar facer as cousas o mellor posible para tentar gañar o partido. Como sempre facemos”, engade.

Preguntado por posibles variacións no 11 inicial, aínda que se define como “continuista, se hai que facer cambios faranse. Con 11 non imos a ningún sitio. Temos que levar 18. Deses 18 non xogan todos. Pero cos 3 que entren cando fagamos un cambio, o nivel ten que subir. Temos futbolistas para iso. Temos xente moi compensada e moi equilibrada en todas as nosas liñas”.

Coa configuración do cadro, o técnico deportivista pide “ser realistas. Saber onde estamos e con quen nos xogamos os cuartos. Sobre todo hai que saber un onde está sempre. De onde vén non hai que esquecelo xamais. O Deportivo é o equipo máis grande de Segunda División. Este é máis que o Zaragoza. Gañou (este Club) liga, Copas… Este é o máis grande. E sabemos onde estamos. Pero agora hai que adaptarse. Agora a música pona outros e hai que bailar esa música”.

Lamentouse de non poder contar con Rolan “pero é imposible, inviable. ¿Que temos que facer? Adaptarme ao que teño e iso son os meus. E con eles vou ir a matar onde eles digan”.

Aínda que asegurou que Diego Caballo está “ben” e explicou que se adestrou en ABANCA-RIAZOR xa cunha máscara, Anquela apuntou que Luis Ruiz, o outro lateral esquerdo, tamén está “preparado. Hai que pedirlle a cada un o que pode dar. Nós sabemos o que hai que pedirlle a Luis Ruiz. E do que pidamos sempre vai estar moi preto, moi preto, moi preto de cumprilo. Sempre. E iso nun equipo de fútbol para min é moi importante”.

Da SD Huesca, un dos seus ex equipos, conta que “estiven en dúas etapas. Nunha, na primeira, sobreviviamos: Segunda División B, problemas por todas partes. Na segunda, chegamos a xogar unha liguiña de ascenso a Primeira División”.

Nesta liña, recalca que “imos ir a xogar contra un equipo que vén de Primeira. A progresión do Huesca é infinita, é grande. ¿Por que? Cadran as súas contas, fan todo. E así se pode ir a calquera sitio. Igual que o Numancia. O Numancia e o Huesca son o exemplo que hai que imitar. Están sempre saneados, sabendo sempre que tanto ten, tanto gastan. No fútbol español estes equipos son un exemplo”.

De cara ao peche do mercado de verán, Anquela subliña que “aquí se están facendo as cousas con moita cabeza, con moita orde; e sobre todo, con moito, moito traballo”.

Precisamente coa saída de Diego Rolan, o adestrador branquiazul postúlase en buscar no mercado “un banda; e un central ou un pivote; ou un pivote e un central. As fabas están contadas. E dígovos que teño uns rapaces no filial que se ten que xogar un, non pensedes que me vai a tremer o pulso. Pero agora non é o tempo. O seu tempo terá que vir. E oxalá que non veña. Sería moi bo sinal. Temos un cadro curto pero moi compensado. Se ten que vir algún máis, pois sería para mellorar o que temos. Se non, quedamos quietos”.

-Resumo da rolda de prensa de rcdeportivo.es-

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies