ÁNGEL PÉREZ E ORDÓÑEZ NON SIGUEN NO CORME E LAXE RESPECTIVAMENTE

 

Ángel Pérez non segue no Corme CF

O adestrador do Corme CF despídese do Corme CF, (Liga da Costa), tras duas tempadas exitosas no clube cormelán nas que o equipo quedou subcampión fai dous anos pero prefireu non xogar o “Play-Off” de ascenso e unha segunda na que loitou polo título ata o final, quedando terceiro despois de levar toda a liga ata a penúltima xornada antre o preimeiro e segundo posto. Despídese do clue tras saber que non contan con él cunha emotiva carta : 

“Bo dia familia. Onte a xunta diretiva confirmoume que non ía seguir o fronte do primeiro equipo. Gustariame aproveitar en primeiro lugar para dar as grazas a todos os xogadores que durante estés dous anos compartimos vestuario. A pesar de non conseguir os obxetivos que queríamos, darvos a noraboa polo gran traballo que fixécheds. Foi un verdadeiro orgullo para mín estar o voso carón, Si en algo me equivoquei, que seguro que si, pedirvos disculpas, sempre intentei o mellor para o equipo. Grazas a afición polo voso apoio, a gran maioría de vós animando domingo tras domingo a todos nos. Darlle as grazas tamén os que me criticaron, eso forma parte do peaxe que temos que pagar por estar sentados nun banquillo, pero recordade que só somos aficionados, que nos gusta este deporte tan pasional como e o fútbol”. Tiven a sorte de facer amigos e de coñocer GRANDES persoas, moit@s de vos estando o meu carón cando vos necesitei. Non vos podo nomear a todos porque seguramente non tería páxinas para escribir, pero con voso permiso gustaríame nomear a unha xente que durante estés dous anos estivo mais preto de mín. En primeiro lugar, darlle as grazas a miña familia por deixarme disfrutar deste pasatempos e apoiando en todo momento. Darlle as grazas a un home que fai un traballo enorme, aprendendo día tras día dél, e un orgullo traballar neste mundo o teu carón…GRAZAS MONCHO. Grazas tamén a unha persoa que ten un corazón que non lle colle no peito, que sempre esta para apagar algún incendio que poda surxir, apoiandome en cada momento, que me está a tratar coma un irmán. Ainda que non son quen para decilo, creo que o Cairo tiña que ter un nome composto. “CAIRO SUSO DA TORRIÑA”…Grazas SUSO. Grazas tamén a un home que me está a tratar como a un fillo e que nestos intres non encontro ningún calificativo que esté a sua altura ou quizás que non existen. GRAZAS PRESI”. Quero recordar tamén a unha persona que nos deixou, que leva este club no seu corazón, que estará moi orgulloso de todos vos, alá donde estés…Grazas Paco. Para rematar pedirvos a todos disculpas por non ser quen de facer a este gran equipo campión…Sorte equipo. GRAZAS CORME”.

José Manuelo Ordóñez non seguirá no SD Laxe

O adestrador porteño José Manuel Ordóñez que dirixía ao SD Laxe da 3ª da Costa non seguirá no banco a vindeira tempada. Segundo nos confesa Ordóñez que chegaba ao equipo laxense tras facer unha tempada histórica no Muxía CF : “Tras duas temporadas no Laxe, tomo a decision de non continuar. De momento vamos a descansar do fútbol e concentrarnos no traballo e familia”. A pregunta de se lle chegase unha oferta interesante doutro equipo se voltaría xa nesta vindeira tempada o técnico da Ponte do Porto dinos que : “Nesto do fútbol nunca se sabe, ao mellor agora dis que non e dentro dunhas semanas chégache algo que che apetecía e volves, pero a idea e descansar”.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es