Esta semana houbo troco de cromos antre o RC Deportivo e o Atlhetic Club de Bilbao, pois se anunciábamos o traspaso da dianteira Peke o clube bilbaíno, tamén había novas dunha xogadora que facía o camiño inverso a Peke. Trátase da defensa central, Andrea Sierra. O clube deportivista, en contra do que pensaban as mentes “iluminati” de Twitter e FaceBook, de que o equipo feminino xa era historia, está a formar un equipo totalmente novo e con xente contrastada, a que lle fará moito ben as rapazas canteiranas a hora de dar un “plus” para voltar a Liga Iberdrola.
Andrea Maddalen Sierra Larrauri (Bilbao, 15 de maio de 1998), máis coñecida como Andrea Sierra, incorpórase ao cadro do Deportivo ABANCA para a Temporada 2021-2022.
A futbolista biscaíña, que xoga como defensa central aínda que tamén pode facelo como lateral dereita, foi internacional sub-17, sub-19 e sub-20 con España. Andrea Sierra alcanzou o subcampeonato mundial sub-20 en 2018 cun equipo no que tamén militaban as exdeportivistas Misa Rodríguez e Nuria Rábano e que soamente caeu na final ante Xapón (1-3). Un ano antes, tamén formou parte da selección española que conquistou o Campionato de Europa sub-19, igualmente xunto a Misa e Nuria, tombando na final a Francia (3-2).
Formada no Loyola Indautxu bilbaíno e o Bizkerre FT de Getxo, Andrea Sierra fichou polo Athletic Club en 2014. Xogou dúas temporadas no segundo equipo branquivermello antes de debutar co primeiro aos 18 anos, o 30 de outubro de 2016 fronte ao Atlético de Madrid.
Após alternar aparicións co primeiro e segundo cadro naquela Temporada 2016-2017, no seguinte curso ascendeu definitivamente á formación principal. Nas súas catro temporadas e media co primeiro equipo, Andrea Sierra sumou 57 partidos e 1 tanto en Primera Iberdrola.
-Foto : YouTube Atlhetic Club
-Texto : piratasdemuxia/RC Deportivo