ANDAINA SOLIDARIA EN MUXÍA CONTRA O CANCRO E INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN : “50 ANOS CAMBIANDO A HISTORIA DO CANCRO”.

Intre da inauguración da exposición na Camposa.

A Sala da Camposa de Muxía, acolleu esta semana a inauguración da exposición ’50 anos cambiando a historia do cancro’ da Asociación Española Contra el Cáncer.
En dita inauguración, tivo lugar un coloquio da Asociación Española Contra o Cancro, (AECC), organizada pola Xunta Local de Muxía e presidida por Rosa Valiña.
Ademais, contou coa participación da investigadora, Clotilde Costa Nogueira, responsable da Línea de Biopsia Líquida da Unidad Mixta Roche-Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela e que explicou diferentes asuntos relacionados con esta doenza.
A charla tamén contou coa presenza do alcalde de Muxía, Iago Toba, que destacou “o bo facer da Asociación Española Contra el Cáncer e da Xunta Local por organizar estas charlas tan positivas e didácticas. Tamén merece un recoñecemento a figura de Rosa Valiña que realiza unha labor extraordinaria, xunto ás súas compañeiras, no noso municipio”.
Andaina solidaria
Esta xornada en prol da investigación contra co cancro rematará coa andaina solidaria ‘Muxía en marcha contra o cancro’, que terá lugar este vindeiro sábado, 7 de maio.
Este percorrido solidario de 5 quilómetros de lonxitude partirá ás 10:30 horas desde a Lonxa de Muxía e pasará pola praia da Cruz, a praia de Arliña, o Santuario da Virxe da Barca e rematará no seu punto de partida, na lonxa.
As persoas interesadas poderán inscribirse ata mañá no edificio da Xunta Local de Muxía, en horario de 16:00 a 18:00 h.
-Foto e Texto : Prensa Concello de Muxía