Mañá, venres 20 de setembro, terá lugar a #andaina que organiza o Concello de Camariñas en coordinación coa Asociación ÍNTEGRO de Nantón, polo día da inclusión.
Sairá desde o Club Náutico de Camariñas ata a praza do Concello e participarán 400 persoas, entre eles todo o alumnado de 4º e 5º de primaria e 1º da ESO.
Na praza levaranse a cabo diferentes actividades e tamén se lerá un manifesto. Máis tarde celebrarase unha comida conxunta entre os membros dos distintos colectivos na praia do Ariño, na parroquia de Xaviña.
-Unha información e foto que nos achega Artabra Comunica.
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es