ANALISE FINAL DO 2023 PARA OS EQUIPOS COSTEIROS DA 1ª E 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA.

 

Así rematou o 2023 para os nosos equipos femininos da 1ª División Galega Feminina e a 2ª División Galega Feminina Grupo 1. A competición en ambas ligas volve o 7 de Xaneiro do 2024.

 

O Bergantiños celebrou o Centenario e os 200 encontros mandando na liga.

 

na 1ª División Galega Feminina temos como representante da costa ao Bergantiños FC que rematou o 2023 no máis alto da táboa clasificatoria con 29 puntos, 2 máis co segundo clasificado Orzán SD B e o Lóstrego CF B e xa unha distanza de 5 puntos co SD O Val, que é en cuarta posición, o equipo que marca os postos de promoción, con 2 por enriba do Atlético Arousana, equipo que loita por entrar nestes postos. As Bergantiñanas gañaron neste curso 2023-24 9 dos 13 encontros con 2 empates e tan só duas derrotas. As rapazas de Gueli Cotelo que celebraban o Centenario do Bergantiños FC sendo líderes en solitario son o equipo máis realizador con 47 tantos e o menos batido con 12, uns números de campioas.

 

O Xallas primeiro costeiro na liga.

 

Na 2º División Galega G1 temos 3 representantes, o Xallas FC, UC Cee e ED As Miúdas e os 3 equipos terán moito que remar para tratar de entrar nos postos de Play-Off de Permenneza. Nesta liga ascende un direto, nestes intres o lider é o SCD Pastoriza con 31. Promocionan o ascenso dous clubes. Nestes intres posicións que ocupan Atlético San Pedro e SDC San Roque, e tres equipos loitarán por acadar a permanenza na liga. Nestes intres son o SE Abella, Sporting Meicende e Brexo Lema SD, este último con 23 puntos. O equipo máis preto nesta loita, dos noso, é o Xallas FC de “Rupper”, que suma 18 puntos, seguido do UC Cee de Rafa Suárez, que suma 17, ambos collidos da man na 9ª e 10ª posición. Xa moi lonxe desta loita temos as muradanas do ED As Miúdas, que dirixe Lucho Ferreiro, con 4 puntos na penúltima posición. Ano para este aprender para os nosos equipos femininos que van sumando partidos e experienza, ante equipos na sua maioría que xa teñen solera neste fútbol.

 

O UC Cee tamén loita pola zona de promoción de permanenza.

 

Ano para seguir crecendo para o ED As Miúdas.

 

-RESULTADOS DERRADEIRA XORNADA 2023-

 

Na 2ª División G1 poñe 12ª Xornada, cando debería poñer 13ª, por erro involuntario.

 

PRIMEIRA XORNADA DO 2024

 

 

-CLASIFICACIÓN GOLEADORES-

 

Aquí vos poñemos as máximas realizadoras dos equipos da costa, mezclando a 1ª e 2ª División. A máxima goleadora da costa é a xogadora do Bergantiños FC, Cruz Sánchez, con 17 goles, que tamén o é da 1ª División Galega Feminina. Para a segunda praza teos a Paula Veiga do UC Cee con 10 tantos e que é a quinta máis realizadora da categoría, unha categoría que lidera Alba Martínez do Atlético San Pedro con 21. Completa o podio das rapazas da costa, Olalla Antelo, do Xallas FC con 9 goles.

 

-MÁIS ANÁLISES FINAIS DO 2023-

-3ª DA COSTA : PREME AQUÍ 

-LIGA DA COSTA : PREME AQUÍ

 

 

 

  -Foto Xallas : José Carlos “Rupper”

-Foto UC Cee : Arquivo-Rafa Suárez

-Foto ED As Miúdas : Lucho Ferreiro

-Montaxes e Texto : Xosé Búa “Pirata”