ANÁLISE DO FINAL DE ANO 2023 DA LIGA DA COSTA : “DESTACAN CASTRÍZ E MUXÍA, E AMORÉANSE OS EQUIPOS NA LOITA POLA PROMOCIÓN”.

Ledicia no Castríz tras derrotar o Corme para pechar o ano.

 

Rematou o 2023 na Liga da Costa a pasada fin de semana na que había dous encontros moi destacados, o que enfrontaba o lider SD Castríz co 5º clasificado o Corme CF, un equipo que ca sua seña de identidade como equipo da casa sempre está na loita por todo. Os de San Pedro de Castríz pecharon o ano da mellor das maneiras posibles, goleando os cormeláns, (4-0), que a pesares disto seguen moi enganchados a loita pola promoción. 

O Mazaricos xogou seguido co Castriz e Muxía.

 

O lider destacado recuperou a senda do trunfo tras sufrir ante o CF Mazaricos na anterior xornada, a sua primeira derrota do campionato, xornada número 13 na que era o único equipo invicto. Por detrás a 4 puntos está o Muxía CF, que a día de hoxe é o seu principal rival a tenor dos números, xa que tras comezar a tempada de maneira titubeante con empates e vitorias, encadenou dende o 5 de Novembro, cando caera na Arliña ante o Ponteceso SD, (1-3), un total de 6 vitorias consecutivas, e na derradeira xornada do ano ante o CF Mazaricos, (3-1), no outro gran encontro deste final de 2023, segundo contra terceiro, (caen os mazariquenses a cuarta praza trala vitoria do CF Porteño). Esta derrrota dos mazariquenses, que se enfrontou seguido a primeiro e segundo, sumada a de fai un mes en Coristanco, (4-1), e aos 4 empates que levan, alónxaos a 7 puntos do liderato, pero con tódalas opcións de Play-Off.

O equipo revelación sen lugar a dúbidas é o CF Porteño, equipo ascendido este ano e que acaba ó 2023 no podio da liga, e cunha bagaxe 9 vitorias, tras derrotar a un CD Muros, (1-2), na pasada xornada, estando a 2 puntos dos muxiáns e 6 dos xalleiros, superando en un punto o CF Mazaricos neste derradeiro encontro do ano, e en 4 o Corme CF, que caía ante o lider tras 3 encontros consecutivos gañando.

A espera do que pase están Ponteceso SD, Outes FC e Camariñas FC, loitando por engancharse a promoción. Pode engancharse a esta loita o SD Coristanco e xa moi lonxe e mirando máis para popa que para a proa está o Cabana, que remataba este periodo anual empatando co Outes FC, (3-3), equipo que comezou oa tempada de maneira maxistral, que foi a menos e que volveu os foros do inicio de curso.

Están a decepcionar o UC Cee e UD Monte Louro, equipos que comezaron moi ben pero que os dentes de serra están a ser a sua cruz no que vai de tempada e tamén acaban o 2023 mirando os que veñen a sua estela. Unha loita a do descenso que acaba o ano con 4 equipos con moito que remar. O que mellor está é o CD Muros, pero que se complicou a tenor dos 3 encontros deste mes de Nadal no que sumou outras tantas derrotas.

Pola popa dos muradáns están xa en descenso dous dos ascendidos, o SD Camelle, a 5 dos muradáns e o CD Baiñas, a 6. Os camelláns que destacaron por frear a equipos grandes nos derradeiros minutos de encontro cando chegaron coma líderes o Rodeiro, suman agora 5 derrotas consecutivas e 8 nos derradeiros 9 encontros. Pola sua banda o equipo baiñés suma 8 derrotas consecutivas e tan só un empate nos derradeiros 11 encontros. A grand ecepción da tempada neste final de ano é o Volantes de Baño FC, equipo que fai dous días loitaba na 1ª Galicia e que só suma 1 punto en 14 encontros, o acadado ante o SD Coristanco o pasado 22 de Outubro, ainda que tamén hai que dicilo, nas derradeiras xornadas e cos reforzos feitos amosou unha notable melloría a tenor dos comentarios dos adestradores rivais.

 

-RESULTADOS DERRADEIRA XORNADA 2023-

 

 

PRIMEIRA XORNADA DO 2024

A competición volve a fin de semana do 13-14 de Xaneiro e como volve!!!…enfrontamentos diretos por arriba e por abaixo. O lider Castríz, visita ao terceiro, Porteño, o segundo Muxía visita ao 5º, Corme, o terceiro Mazaricos visita ao Ponteceso que loita por entrar na promoción, o Camelle en descenso ten derbi no Rodeiro co Camariñas, Coristanco e Cabana na metade da táboa loitan na Rocheira, Volantes, colista, recibe ao Baiñas que o precede, o Outes buscando escalar a loita de arriba recibe a un Muros que busca escapar da de abaixo, e o Cee loitando por afastarse da zona quente recibe o Monte Louro na mesma situación.

 

 

-CLASIFICACIÓN-

-CLASIFICACIÓN GOLEADORES-

Dribil en acción.

 

O xogador senegalés do Camariñas FC é o máximo realizador da Liga da Costa con 21 tantos. Participou non 14 encontros disputados cunha media de 1´5 goles por encontro. Fixo eses 21 dos 35 que leva o equipo camariñán e deles tan só 2 deles foron de penalti. Na prata de goleadores está o fisterrán do UC Cee, Bruno Romero con 19 en 14 encontros e cunha media de 1´35, e no bronce hai 3 xogadores con 13 dianas, Alejo Cambón, (Corme CF), Brais Tajes, (CF Porteño) e Xavier Abeijón, (CD Muros). Dende o punto de penalti segue un ano máis a se o cormelán Alejo Cambón o gran especialista con 4 dianas. No eido de equipos menos batidos están o SD Castríz e o Muxía CF con 14 goles encaixados cunha media de 1 pr encontro, e o CF Porteño con 18.

 

 

 

  -Foto Casrtríz : Miguel Chouza

-Foto : Muxía-Mazaricos : Marina Busto

-Montaxes e Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Foto Djibril : Camariñas FC

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies