ANÁLISE DO 2023 DA 3ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA G2 : “O DUMBRÍA ACABOU O ANO LIDERANDO A LIGA E CON MOITOS EQUIPOS EN POUCOS PUNTOS POR DETRÁS”.

 

O Dumbría celebrando o liderato.

 

Rematou o 2023 na 3ª División Galega Feminina Grupo 2 coa disputa o pasado día 23 dos 45 minutos que quedaban por xogar do Outes-Juan Cabrejo de Camariñas, (1-3), encontro que fora suspendido no seu día por mior de estar o Campo “O Conchido” impractiicable pola cantidade de auga caida, encontro do que xa vos demos contada información. Con este primeiro treito de competición rematado e a espera da volta as competicións o 7 de Xaneiro do 2024, podemos decir que hai un equipo que destaca en poderío sobre os demáis, i ese é o CF Dumbría, que a pesares de non coller o mando da liga ata o derradeiro encontro deste 2023, estaba sempre a tiro do liderato con 2 encontros menos co Muxía CF, que é sen dúbida ningunha o equipo revelación.

 

O Muxía CF está a facer unha tempada de ensoño..

 

As muxianas mandaron na liga na maioría das xornadas ata verse as caras coas dumbriesas, pero hai que ter en conta que é un equipo de nova factura cunha grande maioría das rapazas que nunca xogaran o fútbol, agás de Barca Suárez e Patri Romaní, curtidas no fútbol, no futsal a nivel nacional, e en outros deportes. Algunha xogou en categorías inferiores ata que pola discriminación que hai no fútbol, o chegar a unha idade xa non puideron seguir, o non haber equipos femininos, cousa que podemos estrapolar a tódolos equipos costeiros femininos.

 

O Corme continúa cas boas maneiras da pasada tempada.

 

Trala contundente vitoria das dumbrieses sobre as muxianas, (10-0), na derradeira xornada deste ano que finaliza, o Corme CF acabou na segunda praza, un equipo que xa ten a experienza da pasada campaña e que marca as diferenzas na parte alta, na que se cola o Ponteceso SD, outro equipo que é a primeira vez que compite. Mazaricos e Corcubión xa se adaptaron o f´tubol 11, tras vir do Fútbol 7, e están a zaga das da cabeza da táboa e amosando a sua progresión, ao igual co Bergantiños B, que ten como misión ir facendo xogadoras para o primeiro equipo, e o Escola de Fútbol “Juan Cabrejo”, que tamén é dos equipos de nova facturs e acaba o ano na metade da táboa, amosando progresión de futuro. Tras estes equipos chega o Dubra, e con él outros dous equipos que debutaron historicamente este ano, o SD Fisterra e o Cabana SD, que están a sumar minutos antre as rapazas para ir indo a máis como xa se ve. Por debaixo acaba o ano o AD Nicraiense o UD Cerqueda, que acabou o ano con moi boas maneiras, o filial do CF Noia e pecha a liga o Outes FC, equipo cargado de xuventude, debutante, pero cunha canteira que sempre tivo rapazas nos seus primeiros anos e que de seguro que irá a máis e non tardará en chegar a primeira vitoria, que será unha de moitas.

O equipo máis realizador é o CF Dumbría con 52 goles a favor e que rebasou o Muxía CF, que ten 3 goles menos, tralo derradeiro enfrontamento do ano, pero a maior virtude das dumbriesas está na defensa, pois só encaixaron 3 goles en 12 encontros, co CF Mazaricos en segunda posición con 11 en 12 encontros, e cos mesmos goles en contra, e un encontro máis xogado está o Corme CF.

Ano este histórico para o fútbol feminino costeiro, que chegou con 12 equipos de 15 nesta 3ª División e con 5 deles debutantes.

 

O Ponteceso SD outro dos debutantes que está a dar un gran nivel.

 

O EF Juan Cabrejo de Camariñas equipo debutante que vai a máis.

 

O CF Mazaricos xa se adaptou o fútbol 11 e está amosa moi boas vibracións.

 

O Corcubión ven a máis e pode engancharse aos de arriba.

 

O Cerqueda suma un ano máis de experienza para seguir crecendo.

 

O Cabana SD outro dos debutantes que ten moita xuventude e en progreso.

 

O Bergantiños B un equipo moi xove e para crear canteira.

 

O SD Fisterra é outro dos debutantes deste 2023 que está indo a máis.

 

O Outes sufreu neste ano de debút pero xa amoza brotes verdes de experienza.

 

 

-RESULTADOS DERRADEIRA XORNADA 2023-

 

 

 

PRIMEIRA XORNADA DO 2024

A competición volve a fin de semana do 7 de Xaneiro e como volve!!!…con todo un Corme-Dumbría, segundo contra primeiro, que pode deixar as dumbriesas máis destacadas ou levar o Corme a liderar a liga, ou un empate que pode que os de atrás apreten con máis forza, pois o Muxía descansa e temos un Juan Cabrejo-Ponteceso que pode arrimar a arriba a calquera dos dous, (máis as pontecesanas). Aquí tedes a primeira xornada do 2024 completa, pero sen horarios.

 

 

-CLASIFICACIÓN-

 

-CLASIFICACIÓN GOLEADORES-

 

 

Barca Toba, (Muxía CF) lidera a táboa de goleadoras.

 

A xogadora do Muxía CF, Barca Toba lidera a lista de goleadoras con 17 goles en 11 encontros, cunha media de 1´41 por encontro, seguido da xogadora do SD Fisterra, Andrea Romero que suma 15 nos mesmos choques disputados, cunha media de 1´36 por encontro. A muxiana fixo 3 dos seus goles de penalti, sendo xunto con Irene Rodríguez do Cabana SD, as mellores dende os 11 metros. Completa o podio de máximas realizadoras a xogadora do Ponteceso SD, Andrea Varela que en 12 encontros marcou 14 goles, un deles de penalti e ten unha media de 1´16 por partido. 

 

 

 

 

 

  -Fotos : Marina Busto, Xosé Búa” Pirata” e colaboradores e clubs do equipo da foto.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies