ANALISE DE FIN DE 2023 DA 3ª DA COSTA : “XALLAS, SOFÁN B E OZA NA LOITA POLO TÍTULO E ATA 9 EQUIPO CON OPCIÓNS DE “PLAY-OFF” NO 2024″.

O Xallas FC remata o ano mandando na liga.

 

Neste final do 2023 hai dous equipos que sobresaen sobre o resto, o lider Xallas FC e o SD Sofán B, ambos acaban o ano co seu casilleiro de derrotas en “0”. Os xalleiros empataron en duas ocasións e os sofanistas en 5, e antre eles só hai unha diferenza de 3 puntos, xa que os de Sofán gañaron nunha ocasión máis, (14 por 13). o lider empatou por segunda xornada na penúltima xornada do anos, namentras que os de Sofán empataban por derradeira vez na xornada 11, fai un mes. Ademáis andan a estela no número de goles marcados, pois namentras que os de Santa Comba son líderes no golaveraxe con 43 tantos, os da parroquia carballesa están a un só gol.

 

O Sofán B loita co Xallas polo título.

 

Onde está a diferenza máis notable antre Xallas e Sofán B?…Pois que o lider só encaixou 6 goles, sendo o menos goleado con diferenza, e os sofanistas recibiron 16 goles en contra, os mesmos co terceiro, o SD Oza, un recén descendido que loita polo ascenso direto a 4 puntos do segundo e 7 do lider. O equipo ocense perdeu de rematar o ano máis preto por mor do empate na derradeira xornada deste 2023 ante o Malpica, (1-1), tras encadear 6 vitorias seguidas. Hai que dicir que o Oza só perdeu un encontro e foi na 3ª xornada, ante o lider, Xallas, (4-0), unha derrota que escoceu e que fixo que empatasen 3 xornadas seguidas a uns, (1-1).

Un pouco descolgado quedou outro dos favoritos a todo, o Soneira SD, e todo por sumar dous empates nas derradeiras duas xornadas do ano, ante Buño e Malpica, ambas por 1-1. Os da Vila dos Moscoso só caeron en duas ocasións neste treito de liga, se siguen con opcións intactas a promoción. Tras eles sigue o Malpica que caía por 3-2 ante o Sofán B na derradeira xornada deste ano e que tras ser un dos máximos candidatos o ascenso direto, moi por encima da mala pasada liga, pasaron a unha voráxime de “dentes de serra”, con 3 derrotas,dous empates e unha vitoria nas derradeiras 6 xornadas.

 

O Cerqueda espera recuperar xente para loitar por todo.

 

O UD Cerqueda comezou moi ben con 3 vitorias seguidas no comezo de liga, pero tralo empate ante o Oza na 5ª xornada, e con moitas lesións, pasaron a 3 derrotas consecutivas que o alonxaron da cabeza da liga, dende aquela sumaron 3 empates e 3 vitorias que fan que estén marcando a promoción na 6ª praza, pero cun só punto sobre o UD Corcubión, que no derradeiro treito de liga pasou de 3 derrotas consecutivas a 2 vitorias e un empate, dando síntomas de poder sumarse a promoción. Igual está o Corcubión que suma 3 vitorias e un empate nos derradeiros 4 encontros do ano, despedindo este cunha contundente vitoria sobre o veciño Pereiriña, (4-), para seguir optando a promoción.

Outro que se pode sumar a loita polos Play-Off é o CF Lira, un equipo que comezou moi mal, con 3 derrotas seguidas pero que se recompuxo sumando duas vitorias e un empoate, e tras caer por un axustado 3-2 ante o Atlético Pereiriña FC, encadeou 3 vitorias seguidas ante Sporting seaia CF, Sd Laxe e SCD Malpica, pero o que fixo que non estivéramos falando dun equipo con opcións a todo, foron as duas derrotas seguidas para pechar o ano, ante Soneira SD e Xallas FC, dous rivais para a loita das alturas. Sporting seia SF, (16 puntos), a 3 dos lirachos, (único equipo da zona sur), Sporting Zas, (14 puntos), SCD Buño, (14) e SD Laxe, (14), equipos dos que se esperaba que estiveran máis arriba, acaban o ano en terra de ninguén, a espera de non fallar e que os de arriba falle, así coma os enfrontamentos diretos con eles, para poder loitar por entrar na promoción.

Atlético Pereiriña FC e CD Nantón xa teñen moi gastadas as probabilidades de optar a nada, (sobre o papel, que esto é fútbol da costa),  pero o que sigue en “depresión” de 740 milibares é o SD Ameixenda, ao que en moral e entrega non lle supera ninguén, pois é moi difícil sumar 13 derrotas en 13 3ncontros e ter 79 goles en contra por tan só 4 a favor e seguir competindo cada semana cas mesmas gañas e sen perder a moral. Se falásemos de dignodade do fútbol, habería que darlle a volta a táboa e irían primeiros.

Tamén podes ver a nosa análise do final do 2023 da Liga da Costa : PREME AQUÍ.

 

 

-RESULTADOS DERRADEIRA XORNADA 2023-

 

 

PRIMEIRA XORNADA DO 2024

A competición volve a fin de semana do 13-14 de Xaneiro, e nela temos dous encontros destacados. O que enfronta o Soneira e o Oza, nunha loita por acurtar distanzas cos de arriba para os vimianceses, e na de descolgar a un rival pola promoción para os ocenses, e na loita pola promoción un Malpica-Cerqueda, na que os malpicáns só lles vale a derrota, os cerquedenses marcan a promoción e todo que non sexa perder sería bo. 

 

 

-CLASIFICACIÓN-

 

-CLASIFICACIÓN GOLEADORES-

 

 

Adrián Vázquez, (SD Sofán B).

 

O xogador do filial do SD Sofán, Adrián Vázquez lidera en solitario a competición, con 18 tantos, cunha media de 1,28 goles por partido, e con tansó 2 de penalti. O rapáz dos sofanistas xogou non 14 encontros disputados. No podio e ca prata esta o xogador do Malpica, Ibra, que suma 16, pero en tansó 9 encontros cunha media de 1´77 por encontro, e completa o podio, Basti e César Lojo. O primeiro do Soneira e o segundo do Corcubión, ambos con 12 goles, o vimiancés en 11 encontros e o corcubionés en 13.

 

 

 

 

  -Foto Xallas : “Jorge Churian”

-Foto Sofán e Adrián Vázquez : SD Sofán

-Foto UD Cerqueda : O clube

-Montaxes e Texto : Xosé Búa “Pirata”