ANÁLISE : ASÍ ESTÁ A LIGA DA COSTA EN CANTO O TÍTULO, PROMOCIÓN E PERMANENZA A FALLA DE 6 XORNADAS PARA O FINAL.

 

Adrián García, (Castriz), fixo o gol da vitoria en Muxía.

 

A Liga da Costa aproveita o descanso deste parón de Semana Santa para cargar forzas para o treito final do campionato, para o que faltan 6 xornadas, 18 puntos en xogo para ver quen queda campión, quen promociona e quen descende.

A loita por ser campión

No que se refire a quen será o campión, salvo debacle, todo apunta a que este será o SD Castriz que lidera a clasificación con 62 puntos de 20 encontros gañados, 2 empatados e 2 perdidos, sendo o equipo máis goleador, con 72 tantos acadados, e o menos batido, con 21, uns números de campión que sobresaen sobre tódolos seus adversarios. Por exemplo o segundo máximo goleador é o CF Porteño, (3º), que suma 64 a favor e o segundo menos goleado é o Outes FC, (5º), con 33 goles encaiuxados. Para disputarlle o título os xalleiros teñen ao CF Mazaricos a 13 puntos, con 18 por dispputar e ao CF Porteño a 14. Duas vitorias dos de San Pedro de Castriz, xa os deixarían campións. Dato curioso que o lider só perdeu duas veces e foi contra CF Mazaricos, (2-1) e CF Porteño, (3-0), e ten que xogar antre ambos e contra os dous no seu feudo, pero sería na xornada 28ª e 30ª, polo que si nas 3 xornadas anteriores, nas que se enfornta o UC Cee, (fora), Volantes de Baño, (casa) e SD Camelle, (fora), suma 6 puntos, xa sería campión, e isto sempre que Mazaricos e Porteño gañen todo.

 

O Mazaricos con opcións reais de promoción e o Muxía con moi poucas.

 

A loita pola promoción

Un posto tan só de promoción que agora mesmo ostenta o CF Mazaricos con 49 puntos de 14 vitoria, 7 empates e 3 derrotas, e a un só putno está o equipo revelación, o CF Porteño, que chegou a ser lider a inicio de campionato en varias xornadas e que a sua regularidade fixo que continue no máis alto e que neste tramo final poida loitar por meterse na promoción. No choque que xogaron na Grixa, (Ponte do Porto), a vitoria foi para os de Marcos Rodríguez por 1-2, e no choque de volta a vitoria foi para os “porteños” por 2-3, polo que o golaveraxe antre eles está igualado, e no global o Mazaricos te +23, polos +30 do Porteño. Polo tanto a loita por esta segunda praza será moi dura ata o final e máis tendo en conta o “goloso” do premio…toda unha promoción. Na loita pola promoción ainda teñen probabilidades matemáticas CF Muxía, (43 puntos) e Outes FC, (43) e Ponteceso SD, (40), xa que están a 6-9 puntos do equipo mazariquense que ocupa a segunda praza nestes intres e con 18 por disputar.

 

O Camelle voltará a 3ª da Costa.

 

A loita pola permenenza

Moi complicado teñen os 3 que están en descenso direto para salvar a categoría, pois segundo o que fagan os nosos equipos da 1ª Galicia G2 A Costa/Santiago, podería haber 4 ou 5 descensos, por motivo de arrastres. O SD Camelle, colista do campionato, suma 11 puntos de 19 derrotas, 2 empates e 3 vitorias. A derradeira vez que gañaron foi ante un rival direto, o CD Baiñas, (1-0), na 16ª tirada da liga, fai 8 xornadas. Con 6 xornadas por disputar están a 8 puntos do CD Muros que marca o 4º posto pola cola, previsiblemente un posto de arrastre. Por enriba dos camelláns está o Volantes de Baño FC, que tras unha primeira volta na que foi de goleda en goleada, reforzouse  e está a revivir na segunda tirada da liga e con 15 puntos, ten os mesmos co CD Baiñas que o precede e a 4 do CD Muros que marca o posto de fora de descenso direto. Ben e certo que os 3 da “Zona vermella”, téñeno altamente complicado pois o 5º e 5º pola cola, que previsiblemente están fora do descenso con 27 puntos ambos, (UC Cee e UD Monte Louro), están a 12 puntos do descenso direto e a 8 do CD Muros, no posto de “perigo”. Con todo esto para Muros, Cee e Monte Louro, todo depende do que fagan na 1ª Galicia o CD Baio e SCDR Esteirana nas 6 xornadas que restan para a conclusión do campionato regular. O CD Baio afronta tralo paroón de Semana Santa, tres derbis seguidos, ante CF Dumbría, (fora), SD Fisterra, (casa9 e SD San Lorenzo, (fora). Os baieses marcan a salvación a 2 puntos do descenso direto e en posto de posible “arrastre”. Ademáis están a 3 do penúltimo. Por arriba teñen o Agolada a 1 punto e a Esteirana a 2, polo que teñen tantas probabilidades de caer o pozo como de coller aos de arriba. Algo máis folgado está o equipo de esteiro, pero a tan só 5 do descenso direto, polo que pooden salvarse os dous ou caer os dous e arrastrar a dous da Liga da Costa en dirección a 3ª da Costa.

 

CLASIFICACIÓN

Castriz : 62 

Mazaricos : 49

 Porteño : 48

 Muxía : 43

Outes : 43

 Ponteceso : 40

 Coristanco : 37

 Corme : 36

 Cabana : 34

10º Camariñas : 34

11º Monte Louro : 27

12º Cee : 27

13º Muros : 19

14º Baiñas : 15

15º Volantes : 15

16º Camelle : 11

 

 

Próxima xornada

Os horarios que poñemos nesta táboa da 25ª xornada son os oficiais, non os reais. Igualmente pode haber algún encontro que se xogue o día antes. Actualizaremos cando corresponda ca axenda de encontros.

 

-Fotos Mazaricos e Castriz : Marina Busto

-Foto Camelle e texto : Xosé Búa

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies