O Xallas baixou a “motus propio” de Preferente para refacerse.
O igual, ou parecido o que pasa na Liga da Costa, na sua “irmán” a 3ª da Costa ten a un lider destacado, neste caso o Xallas FC, ao que só lle resta un partido e medio poara ser campión e equipo da vindeira Liga da Costa. O equipo xalleiro suma 63 puntos de 20 encontros gañados e 3 perdidos, sendo o equipo costeiro de tódalas ligas que levamos, que ainda non coñece a derrota, con 23 xornadas gastadas, Son o equipo con máis goles a favor, (81) e menos en contra, (13). Con 18 encontro por disputar e levándolle 14 o Soneira, se este gaña todo o equipo xalleiro gastaralle con facer 4 puntos.
O Soneira é un dos favoritos o ascenso.
Pola segunda praza hai 3 equipos na disputa o mellor situado e que ocupa a praza de ascenso direto é o Soneira SD con 49 puntos, 1 por enriba do Sofán B, (48) e 4 por enriba do UD Corcubión, (45), que son sobre o papel os que loitarán ata o final por esa segunda praza que da opción o ascenso direto. Logo 2 deses 3, máis o SD Oza, (41 puntos), CF Lira, (37), UD Cerqueda, (34), Sporting Zas, (33( e SCD Malpica, (32), loitarán nas 6 xornadas que quedan por meterse na promoción.
CLASIFICACIÓN
1º Xallas : 63
2º Soneira : 48
3º Sofán B : 48
4º Corcubión : 45
5º Oza : 41
6º Lira : 37
7º Cerqueda : 30
8º Zas : 33
9º Malpica : 32
10º Seaia : 26
11º Laxe : 23
12º Buño : 23
13º Pereiriña : 19
14º Nantón : 7
15º Ameixenda : 0
Os horarios e datas son oficiosos non oficiais.
-Fotos : os clubes
-Texto e montaxe : Xosé Búa “Pirata”