Riazor superará os 26.177 da semifinal.
Trala desastrosa xestión da RFEF no despacho de entradas para os socios do RC Deportivo, o ente federativo informou ao clube de que se amplia ata ás 17:00 horas de hoxe xoves 9 de Xuño, o despacho online de entradas para os socios, habida conta dos imnumerables problemas que tiveron os aboados deportivistas no día de onte.
O despacho comezou ás 13:00 horas, en lugar das 11:00 como estaba estipulado, os cortes e caidas da web da RFEF no apartado de taquillas, foi constante, as gradas aparecían como ocupadas, sen estalo, etc, etc, etc…Non comezou a haber normalidade ata pasadas ás 18:00 horas, tras varias horas caida a web.
Esto levou a que a maioría non foron quen de coller entradas na sua grada, e agora quedan as partes altas, na zona “quente” do estadio, (en General, nada dende primeiras horas), logo quedan entradas en Tribuna Superior, Pabillón Superior e Inferior. Tribuna Superior a RFEF ten reservado un tercio do espazo para a seus compromisos.
Fálase de que onte foron retiradas máis de 17.000 localidades de socios, ben e certo, que nos erros da xestión aparece que houbo que puido coller máis dunha entrada cun mesmo carnet.
O despacho de entradas para os non socios comezará ás 18:00 horas e quedan pouco máis de 8.000, o que augura que se venderán nun suspiro.
O Albacete ten reservadas 3.000, que son de Preferencia Superior e Inferior, na esquina situada no que se chama a “Xaula” e a sua parte baixa.
O clube albaceteño levarase na sua visita a Riazor o 20% do recaudado ca venta total de entradas, o RC Deportivo, outro tanto e a RFEF, o 60%, ademáis de un 1´50 euros por cada entrada, pola sua mala xestión.
-Foto : RC Deportivo
-Texto : piratasdemuxia