Ampla representación das Escolas BM Xiria nas diferentes seleccións galegas.

 

Os equipos da base do Balonman Xiria continúan recollendo os seus froitos e un importante número
de xogadoras e xogadores do clube foron chamados para o inicio da preparación das
diferentes categorías da Selección Galega, as cales xa comezan co seu proceso de
preparación de cara ao campionato de España de seleccións autonómicas.

Esta vindeira fin de semana serán dous días de gran actividade para os combinados
galegos de base, posto que estes darán inicio os seus adestramentos, nos cales todos os
xogadores e xogadoras tratarán de facerse un oco na convocatoria final, a cal lle permitirá representar a Galicia e defender as cores da Irmandiña no campionato estatal, onde agardemos que tamén haxa representación das Escolas Balonmán Xiria.

No que respecta ao Hierros Varela Urbieta Xiria, Leticia Santos Insua e Nerea Varela
Balsa do terán unha cita coa preselección cadete feminina en terras estradenses, máis
concretamente no pavillón municipal Manuel Coto Ferreiro (A Estrada). O adestramento
celebrarase o vindeiro domingo 29 de agosto a partires das 18.00h.

Por outra banda, os xogadores do Grupo Lemaco Xiria, Xurxo Fraga Gómez, Manuel
Rey Felípez, Pablo Veiga Mourín, Erik Vázquez Reboleiro e Marcos Amarelle Nieto
serán os encargados de representar ao clube verde e negro no adestramento da
preselección cadete masculina que se celebrará o domingo 29 de agosto ás 18.00h. no
pavillón municipal de Almeiras (Culleredo).

A representación máis numerosa do noso clube será a da preselección infantil feminina,
xa que un total de seis xogadoras do Punta del Este Xiria, como son: Elena González
Iglesias, Sara Rial Romero, Nerea Figueiras Castro, Xulia Suárez Cambón, Mencía
Rodríguez Suárez e Sofía Rey Añón; desprazaranse o vindeiro domingo 29 de agosto ata
A Estrada para adestrar coa selección galega infantil a partires das 11.00h.

Por último e non menos importante, na preselección infantil masculina tamén teremos
unha importante representación de xogadores do noso Garaysa Xiria, xa que Nicolás
Canela Moscoso, Marcos Varela Varela, Álvaro Gómez Agra e Pablo Fraga García terán
unha cita tamén no pavillón estradense Manuel Coto Ferreiro a partires das 12.30h. do
vindeiro domingo 29 de agosto.

Dende o clube querémoslle dar a nosa noraboa a todas e a todos os xogadores que viron
recompensado o seu gran traballo con esta chamada para os adestramentos das diferentes preseleccións galegas.

-Foto e Texto : Comunicación Balonman Xiria

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies