AMIGABLES E NOVAS BREVES DO FÚTBOL DA COSTA E AFECCIONADO : DUMBRÍA, SAN LORENZO, CORME, BAIO, CORISTANCO, OZA, ESTEIRANA, LARACHA, CEE…

 

Aquí tedes unha serie de amigables para esta fin de semana, que nos chegaron dende os clubes, xogadores, ou afeccionados, e que se xogarán esta fin de semana, por se queredes ver fútbol do noso. Tamén vos deixamos algumha cousiña máis que nos chegou do fútbol costeiro.

 

Amigable antre o SD Coristanco e o SD Oza

O SD Oza, equipo recén ascendido a Liga da Costa, (Segunda Galicia A Costa), hoxe venres, desta vez na Rocheira ante o SD Coristanco, (Liga da Costa), para rematar o mes visitando no Xabiña ao SCD Buño, (31 de Agosto).

 

Trofeo Concello de Dumbría no Conco

Este sábado 27 de Agosto, no Municipal do Conco, (Dumbría), disputarase o Trofeo Concello de Dumbría. O equipo dumbriés, (1ª Galicia), disputará o trofeo ante o SD San Lorenzo, (Liga da Costa), a partires das 19:00 horas.

 

Memorial “Bos e Xenerosos” en Corme

Mañán sábado, o Corme CF Senior e o de Veteranos, disputarán no “Cairo”, o “Memorial Bos e Xenerosos”, que enfrontará dende ás 16:30 horas ao Corme CF de Veteranos e o SD Fisterra Veteranos para despois ás 18:30 tocarlle o turno ao equipo senior comelán, (Liga da Costa), que se enfrontará ao Relámpago de Elviña.

 

O Camariñas recibe o Cee o Domingo

Este Domingo o Camariñas FC, (Liga da Costa), xoga un novo amigable. Desta volta será ante o UC Cee, que será rival dos camariñáns na vindeira Liga da Costa, (2ª Galicia). O encontro, que se disputará no “Hermanas Patiño”, terá lugar a partires das 18:00 horas.

 

O CD Baio xoga o Domingo o Trofeo Gasthof

Este Domingo 28 de Agosto, no Platas Reinoso o Trofeo Gasthof, en xuvenís e senior. O equipo xuvenil e o senior, enfrontaranse respectivamente a SD Sofán Xuvenil e Xallas FC, (rival dos senior na 1ª Galicia G2). O equipo dos xuvenís comezará ás 16:30 horas e o dos senior ás 19:00. 

 

Presentación do Laracha CF o Domingo

O Domingo haberá fútbol na Laracha. O equipo senior larachés, (1ª Galicia Grupo 1), recibirá no Municipal da Laracha ao Betanzos CF, no que será a presentación ante a sua afección, no novo poxecto liderado polo estordés, Rubén García. O choque comezará ás 19:30 horas, pero antes terá lugar a foto oficial do clube para a 2022/23.

 

A Esteirana presentou o libro da sua historia

A SCDR Esteirana presentou o pasado día 20 o libro “SCDR Esteirana 50 anos de historia”. O clube esteirán, campión da Liga da Costa e subcampión da Copa da Costa na pasada tempada, e que xogará esta vindeira na 1ª Galicia G2 A Costa/Santiago, ven de presentar o libro da sua brilante historia, dende os comezos, non só do seu equipo, senón que tamén a do fútbol en Esteiro. Un libro que vven a enriquecer a producción deportiva literaria do deporte costeiro.

 

O Xallas FC a recta final da pretempada

O Xallas FC, (1ª Galicia G2), que este vindeiro Domingo xoga o Trofeo Gasthof no “Platas Reinoso”, (Baio), ante o CF Baio, (1ª Galicia G2), a partires das 19:00 horas, visita o día 30 ao Cordeiro CF, para rematar a pretempada o 3 de setembro, ca presentación do equipo na “Fontenla”, (Santa Comba).

 

Se queres que informemos dos movementos e novas do teu equipo, sexa do deporte que sexa contacta connosco en info@piratasdemuxia.es ou no whatsapp 626 72 00 47, así coma se che interesa publicitar o teu negocio. Cada día en torno a 60.000 visitas.

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia.