AMIGABLE : VIVEIRO 0-4 DEPOR : “UN PASIÑO MÁIS NA PREPARACIÓN”.

 

Viveiro CF 0-4 Depor

Non foi un rival como para destacar a goleada, pero volveu a verse a fame de ter o balón que Borja Jiménez lle está a implantar o equipo.

Quiles marcou dous goles e puido marcar varios máis, sendo o xogador máis destacado do grupo, no que todos fixeron un encontro moi completo, ata Villares que xogou de extremo, pero como decimos, o rival foi moi inferior e non creou nen un só problema. Foi este un bo adestramento de cara a ir collendo forma para o inicio ligueiro. Agora toca o mércores o Bergantiñños FC nas Eiroas de Carballo. Un rival recén ascendido a 2ª RFEF e que de seguro fará moita máis forza co equipo viveirense.

O choque valeu para a despedida de Barritos como delegado, que será sustituido nista labor por Dani Regos. fixo o saque de honra e recibiu o recoñecemento do Viveiro CF e da peña deportivista da localidade lucense, e o final os xogadores abrazáronse co veterán delegado deportivista.

Viveiro CF : Tomy (Cedrón, min. 46), Brais (Rolle, min. 62), Pablo Rey (Hugo, min. 62), Nico (Carlos, min.79), Edgar (Lucas, min.79), Muiño, Mariño, Marcos, Asier (Hugo, min.79), Trasi (Diego, min. 46) e Lucki.

Depor : Mackay (Alberto, min 62), Trilli (Jaime, min. 62), Borja Granero (Juan Rodríguez, min. 62), Pablo Trigueros (Lapeña, min 46), Héctor Hernández (Aguirre, min. 46), Juergen (Rafa de Vicente, min. 46), Calavera (Álex Bergantiños, min. 46), Diego Villares (William, min. 46), Keko Gontán (Yeremay, min. 32; Mella, min. 79), Noel (Menudo, min. 46; Gandoy, min. 79) e Quiles (Miku, min. 46).

Goles: 0-1 Quiles (min. 8); 0-2 Quiles (min. 42); 0-3 Héctor (45+1); 0-4 Gandoy (min. 80).

Árbitro: Abel Bruzo (c. Galego). Amoestou a Mariño (min. 20).

Incidencias: segundo partido amigable da pretemporada 2021-2022 disputado no Campo Municipal de Cantarrana.

Aquí podes ver o encontro completo.

 

Fabril 4-1 SD Sofán

Pola sua banda o filial xogaba o seu primeiro choque amigable ante o recén ascendido a 3ª RFEF, SD Sofán e acadaba unha goleada con tantos de Nájera -2-, Padín e Quique.

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies