AMIGABLE : BERGANTIÑOS FC 2-1 DEPOR : “DUAS CARAS NUNHA MESMA MOEDA”

 

Bergantiños FC 2-1 Depor

A todos nos gusta gañar ata as chapas, polo tanto insatisfacción trala derrota ante o Bergantiños FC, por parte do afeccionado, pero as vrbas de Ian Mackay tralo choque teñen moito de certo : “O resultado é o de menos…Carga de traballo, seguir sumando minutos e ir mellorando os conceptos para chegar en bo bloque ao primeiro partido de liga”, iso é o que importa agora mesmo.

Se alguén buscar gañar o enfrontamento no palnetxamento, ese foi José Luis Lemos, e non no táctico, senón no plantexamento, pois namentras que Borja Jiménez, non deu continuidade aos xogadores, trocando todo o equipo na segunda metade, Lemos aguantou o bloque e foi, movendo pezas como se fose un encontro con algo en xogo, i que fixo que os carballeses tivesen máis ritmo de partido cos deportivistas que entraron na segunda metade.

Quizais este encontro lle valga de máis ao Bergantiños FC, para seguir coa autoestima alta de cara a afrontar a 2ª RFEF. Esta vitoria saca moitos titulares no seu favor. Soubo pechar as canles de ataque deportivista e aproveitar os erros que tivo, para levarse a vitoria, ademáis amosou que no céspede artificial das Eiroas, vanse a ir moi poucos puntos. Pola contra o Depor volveu a amosarse un equipo “vulgar” no tepe artificial, e terá que visitar 3 durante a competición. O ano pasado tamén visitou 3 campos, cunha vitoria, 1 empate e 1 derrota, e os 3 foron encontros “infumables”.

Houbo duas caras nunha mesma moeda no choque das Eiroas. O primeiro equipo que sacou Borja Jiménez, fallou moito menos na recepción do balín, adiantouse no marcador e puido ir con ventaxe o descanso. Pola contra o da segunda metade con Villares no lateral e Borges na punta e Keko no extremo dereito, errou moitos pases e controis de balón, concedeu entradas a contra e non estivo atinado de cara a porta.

O mellor do choque para os deportivistas foi, que namentras o ano pasado neste mesmo enfrontamento, non foron quen de crear perigo na porta carballesa, e desta vez, si houbo varias ocasións de gol.

Un choque máis de preparación, e agora espera a Ponferradina en Riazor este vindeiro Domingo a partires das 20:30 horas no “LXXVI Teresa Herrera”, un choque no que xa non habera 11 nun tempo e outros once no outro, dado que as normas so permiten 5 trocos, como acontece dende o pasado ano na liga. Para este choque haberá tan só dispoñibles 5.000 entradas, namentras que estamos a ver, como na Eurocopa, campos cheos, todo a partires do número de vacunados…Como conseguir unha entrada? : PREME AQUÍ.

Bergantiños FC : Santi Canedo (Brais Pereiro, min. 46), Currás (Blas, min. 46) (Estramil, min. 80), Agulló, Parga (Iker, min. 46), Brais Martínez (Aarón Rama, min. 66), Remeseiro (Mario, min. 86), Brunet (Uzal, min. 46), Concheiro (Carlos López, min. 46), Boedo (Martín Lamelas, min. 46), Uxío (Escobar, min. 46) e Yelco (Cano, min. 46).

Depor : Mackay (Alberto, min. 46), Trilli (Diego Villares, min. 46), Pablo Trigueros (Jaime, min. 46), Borja Granero (Lapeña, min. 46), Aguirre (Héctor Hernández, min. 46), Gandoy (Borges, min. 46), Álex Bergantiños (Josep Calavera, min. 46), Juergen (Rafa De Vicente, min. 46), William (Keko, min. 46), Miku (Noel, min. 46) e Quiles (Yeremay Hernández, min. 46).

Goles : 0-1 Quiles (min. 34); 1-1 Uxío (min. 44); 2-1 Escobar (min. 62).

Árbitro : López Vila (c. gallego). Tarxeta amarela a Borges (min. 80) e Héctor Hernández (min. 87).

Incidencias: Tercer partido amistoso da pretempada 2021/22, para os deportivistas e 2º para os bergantiñistas,  disputado no Municipal de As Eiroas con asistencia limitada a 450 espectadores debido a pandemia do COVID-19.

PREME AQUÍ se queres ver o encontro completo.

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia