ÁLVARO RODRÍGUEZ FICHA UN ANO MÁIS POR MICHELÍN.

O noso amigo, peñista de Os Piratas de Muxía, e colaborador da nosa web axudando coa publicidade e con información, ven de recibir un ano máis o recoñecemento de Michelín, e xa van 5 seguidos, así coma 3 Soletes, para o seu local “A Lonxa d´ÁLvaro”, a carón da Praia das Lanchas, (Muxía), na confluenza do Malecón coa zona portuaria.

“Quero agradecer a tódolos que nos visitan e en especial ao pobo e ás súas xentes, tanto á clientela como aos que me traen os produtos, que son a base do noso éxito…Cociña da nosa proximidade”, coméntanos Álvaro.

 

Álvaro Rodriguez recolleu no día de onte este novo recoñecemento que é dél, “e de todos os que fan posible o funcionamento e traballo da Lonxa d´Álvaro, para darlle aos nosos cientes o mellor e da mellor maneira. O que máis me gusta tódolos anos e que o primeiro que sae na guía é Muxía e debaixo o nome do local”.

O excelente chef muxián subeu ao estrado atabiado coa camiseta do CF Muxía, equipo do que é siareiro, colaborador, ex-presidente e ex-xogador, así como colaborador. No seu corazonciño tamén hai cabida para o noso Depor do que é siareiro dende neno.

A nosa máis cordial noraboa no nome dos que formamos a familia de Os Piratas de Muxía…

.

-Foto : Álvaro Rodríguez

-Texto : Xosé Búa “Pirata”