Álvaro Rey amosábase feliz de recalar no Depor.
Ainda que pola nosa parte pensamos que o equipo non precisaba de reforzos, senón que de aproveitar máis aos que teñen menos minutos, ou os canteiráns, e buscarlle acomodo noutro equipo a Valín, (cedido o UE Granollers), e a Alberto Benito, polo exceso de laterais dereitos, chegou Álvaro Rey, extremo andalúz de 32 anos de idade, que fai uns días rescindía contrato co Club Bolivar, boliviano, ao que chegou como unha estrela, tras un extraordinario ano no CD Mirandés, pero non deu a talla no clube sudamericano.
O xogador, ao que lle damos a nosa máis cordial benvida e desexo de que trunfe, foi un dos fichades fallidos do pasado verán, xa adestrou esta mañán co equipo deportivista en Abegondo, e foi confirmado, tralo pertinente recoñecemento médico, e a firma do seu contrato. Asina polo que resta de tempada, (toda a segunda volta, máis os dous encontros que restan da primeira), e podería prorrogar a vindeira se o RC Deportivo o vise oportuno, e xa podería entrar na lista de convocados para o Depor-CF Talavera do vindeiro Domingo, a partires das 12:00 horas, (11:00 GMT), en Riazor.
Encontro para o que hai que seguir unhas normas dictadas pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, para acceder o estadio.
Álvaro Rey colgaba en Tiwtter unha foto sua en Abegondo co lema “FELICIDAD”, e xa na noite de onte un comentario con iconas facendo alusión aos 6 títulos que atesoura o Depor.
-Foto : Twitter Álvaro Rey
-Texto : piratasdemuxia
