ÁLVARO REY ENTRA NA LISTA DE CONVOCADOS PARA O DEPOR-CF TALAVERA.

 

O Deportivo dá a benvida ao ano 2022 mañá domingo 9 de xaneiro ás 12:00 horas, (11:00 GMT), en Riazor. cas cámaras de Footters en direto, ante o CF Talavera, en partido correspondente á 18ª xornada, penúltima da primeira volta, do grupo 1º de Primeira RFEF. No día de onte tanto Racing de Ferrol coma UD Logroñés, equipos que loitan por estar na loita poor todo, non pasaban do empate nos seus encontros ante DUX INternacional, (0-0), e Cultural Leonesa, (1-1), respectivamente.

En plena sexta onda da pandemia de COVID-19, e con multitude de casos en todos os equipos do fútbol español en todas as categorías, que mesmo obrigaron a aprazar por exemplo a xornada enteira desta fin de semana no grupo galego de Tercera RFEF, Borja Jiménez ten a todo o seu cadro apto para competir, ademais dos canteiráns Noel, Trilli e Yeremay.

Na listaxe de 24 que hoxe despois de adestrar en ABANCA-RIAZOR facilitou Borja Jiménez atópase tamén Álvaro Rey, o futbolista desexado desde hai varias temporada pola Dirección Deportiva branquiazul e que se puxo a tiro xusto poucos días antes de abrirse este mercado de inverno.

O atacante sevillano, que se adestra con normalidade desde o seu primeiro día en Abegondo, está pendente iso si dun último trámite burocrático coa Federación de Bolivia que se tentaba dende o clube deportivista solucionar no día de onte para que poida ser aliñado hoxe, caso de consideralo así o corpo técnico.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia