Tal e como xa se viña comentando dende o final da tempada, Álvaro García Dieguez deixará a presidencia do RC Deportivo ao “concluir os procesos de firma dos importantes acordos” que se aprobaron na Asemblea Xeral de Accionistas, da que en breve daremos tódolos datos e na que se aprobaron tódolos puntos expostos, habida conta de que o socio maioritario, (ABANCA), ten a maioría absoluta pero tampouco se pasou dos 243 votos en contra e das 61 abstencións, en ningún punto.
O RC Deportivo, tal e como xa apuntaba o presidente, pasará este vindeiro 1 de Xullo a estar, “por primeira vez na sua historia con “0” euros de deuda e co Depor no fútbol profesional e o Depor Feminino na 1ª Iberdrola, ademáis destes puntos a favor do ano escaso de mandato de García Dieguez, estase a acometer a mellora de Abegondo, así como a firma do convenio por 25 da cesión de Riazor co Concello da Coruña. O crecemento e presenza da canteira, tanto no equipo masculino coma no feminino foi unha das cousas do seu mandato, así como a confección exitosa dos dous equipos nesta pasada tempada, o título de campións da 1º RFEF, e antre outras cousas como a orgañización no clube, marketing, etc…
Álvaro García Dieguez : “Nos próximos días, ao concluír todos os procesos de firma destes importantes acordos, cesarei do meu cargo. Foi unha experiencia apaixonante e a máis intensa da miña vida profesional…Vou coa satisfacción de achegar o meu granito de area e a ilusión de que queda por diante un período magnífico. A saída do concurso e a volta ao fútbol profesional, a renovación do convenio, a elaboración dun plan estratéxico baseado na sustentabilidade económica e a aposta pola canteira. Será un antes e un despois do noso querido Deportivo”.
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
-Foto : RC Deportivo