O Bergantiños FC informaba no día de onte que o que era o 2° adestrador de José Luis Lemos, Dani Martínez, o adestrador de porteiros, Guille Pigueiras e o reaptador de lesións Christian Núñez decidían non continuar no clube, polo que xa non forman parte do corpo técnico do primeiro equipo, que xa adestra e dirixirá, José Durán.
No día de hoxe infórmannos que Miguel Villar incorpórase ao corpo técnico do primeiro equipo. Miguel será o novo preparador físico dos bergantiñistas, función que compaxinará coa que xa vén desempeñando no clube, tamén como preparador físico, no noso Feminino, e como reaptador de lesións, da base.
-Foto : Prensa Bergantiños FC
-Texto : piratasdemuxia/Prensa Bergantiños FC