Álex foi do mellor do equipo na primeira metade

-A CRÓNICA-


Álex foi do mellor do equipo na primeira metade.

Osasuna 2-1 Depor

-O novo Depor de Martí durou 15 minutos-

Saeu o Depor ben o Sadar e xa na primeira aos 15 segundos puido adiantarse cun forte disparo de Crístian Santos que Rubén Martínez mandou a saque de curruncho cunha gran parada. Non tardou en poñerse por diante o equipo nranquiazul, tras un pase excepcional de Álex Bergantiños que Quique non desaproveitou. Pouco durou a ledicia pois un balón longo a espaldas da defensa foi recepcionado por Rubén García que batía a Dani Giménez. O propio Rubén a media hora de xogo facía o gol da remontada de libre direto a escadra. Non foi quen o Depor de acadar o empate pra polo menos recurtar un punto a Granada e Málaga que perderon os seus encontros. Tivo un par de boas ocasións pero non foi merecedor dese desexado empate. Máis fusco ca lusco no debút de Martí, que amosou non coñecer moi ben aos xogadores, en especial coa posición de Edu Expósito, pegado a banda e desaparecido e a entrada no treito final de Didier Moreno, perdendo 2-1.


Dani Giménez, Bóveda, Domingos Duarte, Pablo Marí, Diego Caballo, Pedro (Didier Moreno, min. 82), Álex Bergantiños (Nahuel, min. 70), Pedro Mosquera, Edu Expósito, Christian Santos (Borja Valle, min. 61) e Quique.

Goles : 0-1, Quique González, (10´); 1-1 Rubén García, (14´); 2-1, Rubén García, (31´).

Árbitro:  Figueroa Vázquez (c. andaluz). Cartón amarelo a Pablo Marí (min. 30), Christian Santos (min. 43), Rubén García (min. 70), Rubén (min. 81), Domingos Duarte (min. 82) e Rober Ibáñez (min. 87).

Incidencias: Partido correspondente á 34ª xornada da 2ª División no Estadio de El Sadar ante 16.383 espectadores. Máis de 500 deportivistas de 37 peñas estiveron animando ao equipo no estadio pamplonica.

 

José Luis Martí

José Luis Martí subliñou na sala de prensa de El Sadar que “estamos máis preto de gañar coa actitude, o compromiso e o bo fútbol dos xogadores”.

O técnico deportivista recalcou que “na primeira parte estivemos moi ben. Recibimos practicamente dúas ocasións, unha na que nos empataron e outra a balón parado. Nós nada máis empezar tivemos unha ocasión de Christian Santos, algunha que outra chegada, o gol de Quique, algunha chegada máis…”

Queda destes minutos “coa personalidade do equipo, pisando a área rival, sendo valente, indo presionar arriba. Esa é a maneira”.

Logo admite que “a ansiedade na segunda parte condicionounos moito, de buscar demasiado o balón ao espazo, demasiado longo”.

Insiste Martí en que “o obxectivo final conséguese a través de cada semana. Non nos queda outra que tentar conseguir unha vitoria a fin de semana que vén”.

A pesar de que advirte que “calquera equipo lle pode gañar a calquera, a situación non é fácil e a todo o mundo cústalle gañar, pero non pasa outra cousa pola nosa cabeza que non sexa gañar o seguinte partido”.

 

Pablo Marí

O defensor deportivista apunta que o Dépor márchase “con sensacións malas porque entramos moi ben ao partido, puxémonos por diante e ao final remóntannos nunha situación na que deberiamos deixarnos a vida para que iso non pase”.

No entanto, Pablo destaca que o equipo “deu un pasiño adiante en canto a intensidade, ganas, actitude”.

Non se marca ningún obxectivo, “nin de playoff nin de ascenso directo. Todo pasa por un xeral, que é ascender. O primeiro obxectivo é o adestramento de mañá, corrixir cousas e traballar”.

 

Quique González

Dixo que o CA Osasuna “está nunha dinámica moi positiva. Tiveron dúas accións e foron dous goles. Pero non queda outra que levantarse, seguir e loitar até o último punto”.

Confesa que o vestiario está “fodido porque queriamos gañar obviamente. Pero a partir de mañá hai que levantarse, unidos todos e a loitar até o último punto. Partido a partido. O seguinte a matar e non pensar nada máis”.

 

-As manifestacións son unha xentileza de rcdeportivo.com-

 

++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es

Debaixo das publicidades tes como contactar connosco

 se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-