Álex Bergantiños volveu a ser o pulmón do medio do campo

-ROLDA  DE PRENSA-
 

Álex Bergantiños volveu a ser o pulmón do medio do campo.

 

-Álex Bergantiños : Como coruñés e deportivista o que máis desexas é que haxa unión. Entre quen entre como cabeza visible do club que transmita sensatez e unión en torno ao club

 

Álex Bergantiños, pasou por rolda de prensa e amosou a sensación de tranquilidade que dan as vitorias. Tanto tempo sen sair a unha rolda de prensa sen haber sumado de 3 fixo mella nos xogadores e dista volta veuse o da Sagrada Familia con outro caríz, e coa sensatéz, que nél se caracteriza e primando sobre todo o obxetivo do equipo. Tamén falou da visita os vestiarios do presidente, que lles pideu que : “se centrasen no seu cometivo deixando a un lado o extradeportivo”. Tamén afirmnou que quer que : “Como coruñés e deportivista o que máis desexas é que haxa unión. Entre quen entre como cabeza visible do club que transmita sensatez e unión en torno ao club e todo o que levamos vivido de inestabilidade estes anos, tanto deportiva como institucionalmente, con todos os problemas que houbo extradeportivos, económicos… pechar esa etapa e que haxa un novo comezo para que a xente volva ilusionar en todas as escalas do club”.

ROLDA DE PRENSA DE : ÁLEX BERGANTIÑOS

(Por : rcdeportivo.com)

Álex Bergantiños manifestou esta mañá na sala de prensa de Abegondo que o partido do pasado venres no Nuevo Estadio de Los Pajaritos de Soria foi “pelexado, duro. Cando ganas con sufrimento refórzache un pouco máis”. “O equipo saíu ben, interpretou ben as distancias, nesa presión fixémoslles dano e con acerto, que ao final é o determinante. Cando tes acerto como tivemos, e vesche co marcador por diante, todo vai máis fluído”, engade.

O mediocentro coruñés asegurou que a pasada semana, a pesar do comunicado do Club referente ao Presidente Tino Fernández, foi “unha semana máis no deportivo. O Presidente veu aquí a explicarnos a situación que podiamos vivir no seguinte tempo que falta de competición, e que esteamos centrados no noso”.

Advirte sobre o calendario próximo que “en Segunda todas as semanas podes atopar dous ou tres enfrontamentos entre equipos fortes. Os que non son fortes sacan vitorias. O Extremadura UD leva 3 vitorias seguidas gañando en Málaga, ABANCA-RIAZOR e agora en casa tamén. A Segunda é imprevisible. O que temos que facer é sacar o maior número de vitorias posibles nós. Seguimos estando fóra de todo. Temos que sumar moito para poder meternos. De nós dependemos. Demos un paso o outro día para saír da UCI pero seguimos estando mal. Temos que sumar moito para poder manter o ritmo que vai haber arriba e estar con opcións ao final”.

Preguntado sobre as súas saídas e entradas no once inicial, Álex opina que “hoxe en día o xogador está preparado para iso, tentando render ao máximo cando lle toca a opción. Oxalá tivésemos un once tipo por gañar todos os domingos. O cadro desde o principio concienciouse que o obxectivo común é o prioritario e todos estamos igual de preparados para poder entrar e saír do once”.

Insiste o futbolista branquiazul que agora “temos que tentar recuperar a confianza cun modo concreto de facer as cousas e identificarnos nós mesmos. Estamos nunha etapa na que tivemos moitas dúbidas en canto ao que era o mellor para nós. E iso ao final reflíctese no campo. Se non estás convencido, decides peor”.

Pide por conseguinte “crecer en base a unha idea. A ver se asentamos os conceptos novos do novo adestrador en base a vitorias”.

Álex Bergantiños explica que o novo Dépor ten que ser “un equipo intenso, máis dinámico, máis rápido á hora de presionar como de saír, un pouco máis directo á hora de xerar máis cousas na área rival”.

Segundo o ‘4’ branquiazul, “nos partidos fóra de ABANCA-RIAZOR co novo adestrador o equipo entendeu bastante ben iso. Hai que tentar asentalo, mantelo tamén en casa e facernos un pouco recoñecibles en estilo de aquí ao final para que nos xere esa confianza”.

Respecto ao proceso que agora o Club inicia de elección do novo Consello de Administración, Álex Bergantiños, deportivista e coruñés, desexa “que haxa unión. Entre quen entre como cabeza visible do Club que transmita sensatez e unión en torno ao Club, con todo o que levamos vivido de inestabilidade nestes últimos anos, tanto deportiva como institucionalmente, con todos os problemas que houbo extradeportivos, económicos… Quizais pechar esa etapa e a imaxe que se transmita sexa dun novo comezo e que a xente se volva a ilusionar en todas as escalas sociais do Club”.

Sobre o partido deste sábado 4 de maio, novamente fóra de ABANCA-RIAZOR, neste caso en La Romareda (18:00 horas, Movistar Partidazo) ante o Real Zaragoza, subliña que “pode vir ben porque os dous últimos partidos fóra de casa (Pamplona e Soria) foron bastante completos. O outro día en Soria puidemos facer mellor algunhas cousas para pechar o partido antes. É un bo punto de partida porque te atopas cun escenario similar: o feito de viaxar, de xogar fóra, ante un equipo rival que ten máis presión por xogar na súa casa e mostrar cousas á súa afección, e nun campo moi esixente como La Romareda”.

+++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-

 

Attachment

Leave a Comment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies