Segundo recolle o xornal español El País, Álex Bergantiños presentará denuncia pola sua detención ilegal fai unhas semanas, a raíz do audio que chegou a mans da Cope e a pesares de ver que era unha maneira de falar con sorna aos seus compañeiros, dado o esperpéntico de ter que xogar o encontro que fora aprazado o 20 de Xullo ante o Fuenlabrada, que dende aquel día acumula un sinfín de neglixencias, querellas, denuncias, e reparto de bulos.
Primeiro foi un diretivo deportivista, que nen siquera era do que falaban, cunha tremenda metedura de pata, despois ven o de Álex, auspiciado pola Liga, por medio do seu departamento de integridade e seguridade, e cada hora novas pataletas, mentiras e bulos, tratando de desprestixiar o asasino a vítma de todo esto, que non é outra co RC Deportivo, que non incurreu en ningunha neglixencia, só a de defender os seus dereitos e denunciar os infractores e as suas infraccións.
Os sindicatos policiais tamén estudan poñer denuncia, segundo El País, dado que o ex comisario Florentino Villabona que traballa para a LFP, e que no seu día condecorou a Tebas, está por medio.
Todo é tan esperpéntico, que a pesares de que xa dende un primeiro intre se apuntou a que era im0procedente a detención de Álex, os policías leváronlle o mobil que lle incautaron para Madrid e o parecer tras gastar do diñeiro púbrico en vir ata Coruña a detelo, o mobil non llo podían devolver in situ, enviándollo, (xa foi penal que llo levasen tras pasar polos xulgados e decidrse que non procedía a detención), porque non se podía : “malgastar cartos púbrcos no seu envío”, segundo apunta a información.
-Texto : piratasdemuxia.es/El País
-Foto : RC Deportivo