ÁLEX BERGANTIÑOS PAPÁ POR SEGUNDA VEZ, XA TEN ALGO QUE CELEBRAR.

Álex terá ante o Elxe un encontro especial

Lembrábamos na noite de onte o tremendo encontro de infarto que se viveu ante o Elxe en Riazor, (4-3), un Domingo ás 12:00 horas da tempada 2011/12, a dos records do Depor, a que arrasou con José Luis Oltra no banquillo, un equipo do que o único supervivente é Álex Bergantiños, que na noite de onte no Hospital O Modelo da Coruña, era pai por segunda vez, neste caso dun neno, que se chamará Teo, pesou 3,5 Kgs e xa foi dado de alta como socio deportivista e que a ver se trae un pan debaixo do brazo e o seu pai pode adicarlle o vindeiro Domingo, un gol, ou unha vitoria.

A nosa noraboa para Álex e a sua dona, e que todo lle veña do milloriño, con saúde e sorte.

-Foto e texto: piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.