ÁLEX BERGANTIÑOS : “O DONATO CORUÑÉS”.

Álex-Donato : “Vidas paralelas”.

 

O ex xogador do RC Deportivo, Donato Gama da Silva, hoxe en día vinculado o clube na fundación do mesmo, chegou o equipo na tempada 1995/95 formando parte de moitos dos mellores anos do clube e comezando como centrocampista, para logo acabar xogando na zaga como líbero. Xogador de gran potencia e entrega e que chegou a xogar como porteiro nun encontro por expulsión de Molina. Xogou en 363 encontros co Depor, sendo cos 175 encontros que xogou no Atlético de Madrid, o xogador extranxeiro que máis encontros disputou na Liga española. Retirouse con 40 anos, sendo o xogador de maior idade que acadou un gol na 1ª División Española.

Non lle vai a zaga polo de agora Álex Bergantiños. O da Sagrada Familia, (barrio coruñés, non confundir ca igrexa en obras catalá), comezou de centrocampista e ao igual ca agora, xoga e xogou na zaga como líbero, e tamén chegou a xogar media hora de porteiro nun Depor-Levante da 2012/13, trala expulsión de Dani Aranzubía, e tamén ten records, pois pode presumir de acadar un extraordinario ascenso co Xerez na 2009/10 e de xogar os 42 encontros do campionato da 2ª División, 2013/14, na que o Depor superou tódolos records da liga, sumando 91 puntos, sendo o equipo con máis xornadas consecutivas sen perder da historia da competición…

Por idade Bergantiños viveu dende a grada o fatídico famoso “Penalti de Djukic”, ao igual que o fixo Donato, neste caso porque fora sustituido, pero viveu “in situ”, numerosos flirteos co descenso e co ascenso, participando neles, dando a cara e ata os fuciños. Donato, que tamén deu ata un talón, xa fixo os seus flirteos como adestrador, está agora no clube noutras labores, onde máis ca previsible que acabe Álex, que tamén podería coller un banquillo, son xa 250 partidos como deportivista os do coruñés, dous campionatos da 2ª División, (un o de Xeréz), e renovado este ano o sumar os 30 encontros disputados que ten na sua claúsula,  e aos seus 35 anos ten corda para rato. Un xogador de clube, que é válido no campo e no vestiario, sempre presente nas boas e máis nas malas e que se podería chamar : “o xogador que sempre acaba xogando”. Todo un ídolo que fai tempo que pasou o “Cadro de honra” dos deportivistas ilustres.

 

-Foto e Texto :  piratasdemuxia.es/google images

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

 

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies