ÁLEX BERGANTIÑOS FOI LEVADO A DECLARAR NAMENTRAS OS CULPABLES DO RIDÍCULO MUNDIAL NO FÚTBOL ESPAÑOL ANDAN POLA RUA.

O noso apoio total a Bergantiños un exemplo no fútbol español.

 

Álex Bergantiños foi abordado en plena rua por dous policías nacionias chegados dende Madrid, canto retornaba a sua casa tras facer unha entrevista co xornal madrileño Marca, e foi levado a declarar a Audiencia Natural cunha denuncia da LFP, (ou sexa de Tebas), polo audio privado no que falaba distendidamente do ridículo que era a disputa deste encontro cos seus compañeiros, considerando, como o facemos todos, dun “paripé”, pois este encontro só é para tratar de levar a uns Play-Off ao Fuenlabrada, cando a lei se é xusta terá que darlle o encontro por perdido e o descenso administrativo, así coma unha dura sanción por tódalas neglixencias deportivas e sanitarias que causou, e para as que Tebas está tratando de usar toda clase de artimañas rastreras é sairse de “rositas”.

Álex tras sair de declarar dixo estar moi tranquilo e que : “non fun detido. Hai unha denuncia posta por posible adulteración de resultado. Expliquei o que dixen onte, en ningún momento falei con ninguén nin incitei a ninguén a adulterar. Reitero un pouco o que vimos dicindo, o hastío contra esta situación. Apartóusenos da competición, quitóusenos a posibilidade de xogar en igualdade de condicións e non corresponde a adestradores nin xogadores dar explicacións. É algo que corresponde aos organismos que se amparan #ante siglas poñer remedio. A única solución xusta fose parar a xornada como pedimos. Había 12-14 capitáns de Segunda que dixeron que o máis xusto era non xogar polo tema sanitario”.

O da Sagrada Familia ten craro que son xente que se “agochan tras de siglas” e que : “isto parece unha fuxida cara a adiante. Estásenos usando. Cítannos para PCR, logo dinnos que non, xógase, non se xoga… o audio mostra o que sente o persoal, o fútbol español e eu”.

Sobre quen filtrou o audio foi craro : “É un acto de covardía sacar cousas internas para fóra, pero tampouco podo buscar moito máis, pero estou convencido que non pedirá desculpas nin o dirá”.

Tamén deu o seu parecer, de todo certo, de que : “Todos falamos do Dépor porque os resultados foron así, pero que pasaría se nós xogásemos contra o Fuenla xa clasificado e a nosa vitoria fose a permanencia”.

COMUNICADO DA AFE

A Asociación de Futbolistas Españois, tras desvelarse o contido dun audio de *Álex Bergantiños, capitán do Deportivo da Coruña, quere manifestar o seguinte:

– AFE xa lle trasladou a *Álex Bergantiños todo o seu respaldo, poñendo á súa disposición todos os medios e servizos do sindicato.

– AFE esixe máximo respecto para *Álex Bergantiños, un futbolista de longa e intachable traxectoria.

– De igual modo, facemos extensivo o noso respaldo a todos os compañeiros que están afectados pola grave situación que se está vivindo na Segunda División A.

– Este sindicato quere lembrar que está en constante contacto con todos os persoais que se atopan afectadas, traballando en todo momento para defender os intereses dos futbolistas.

– AFE esixe unha solución inmediata, non se pode permitir que moitos compañeiros non saiban nestes momentos que destino espéralles (situacións contractuais, sanitarias e deportivas) pola incerteza que rodea ao futuro da competición en Segunda División A.

 

-Foto e Texto :  RC Deportivo/piratasdemuxia.es/AFE

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.