ÁLEX BERGANTIÑOS EN ROLDA DE PRENSA AMOSA SERIEDADE E DA UNHA MENSAXE DE TRANQUILIDADE

 

O “Gran Capitán”, Álex Bergantiños pasou por rolda de prensa e analizou o estado de ánimo do equipo e repiteu a mensaxe de tranquilidade, “que esto é moi longo” e sostivo o mesmo argumento que trala dura e inxusta derrota ante o Albacete, (0-1), cando dixo que : “Somos un equipo xoven  e en construcción”. Tamén cré que están “preocupados dentro do normal” e que : “os ánimos como é normal trala derrota e doidos pola racha que levamos e tentando correxir cousas e que se vaian adaptando os que foron chegando o final”. 

Dixo que “son optimista, temos materia prima para afrontala temporada. Somos 13 ou 14 equipos que loitarán por todo…O antes posible temos que competir mellor, que estamos capacitados para facelo”.

Achacou o da Sagrada Familia que pase isto a que o mercado peche con 3 xornadas e no noso caso “chegaron 5 xogadores que apenas adestraron e fará falla un tempo para que se vaian acoplando”. Ven e certo que para Álex : “os resultados axudarán a que se acoplen antes”.

Será para él un encontro especial o do “Domingo da Barca” no Molinón, pois : “Encontrareime con varios amigos que deixei alí, onde se portaron moi ben conmigo, tanto no clube coma a afección”. Espera un “bonito encontro ante dous equipos con garndes afeccións”.

A rolda de prensa completa no vídeo.

Abaixo en “Vídeos Recomendados” tes este e tódolos que colga o RC Deportivo.

+++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies