Alejandra Serrano nova xogador do Deportivo Feminino
Alejandra Serrano Cortés (Valencia, 28 de agosto de 2000) converteuse en nova xogadora do Deportivo ABANCA para a campaña 2021-2022.
Xogadora de segunda liña de ataque, tanto polo centro como por calquera dos dous extremos, procede do Valencia CF, no que militaba desde 2016.
Alejandra comezou xogando con 11 anos no UF Manises FC e un ano despois, en 2012, enrolouse no Levante UD, club no que deu o salto ao equipo B con unicamente 14 anos. Após catro campañas na entidade de Orriols fichou polo club de Mestalla para incorporarse tamén ao seu segundo equipo.
Das súas cinco campañas no Valencia CF, as catro últimas estivo na dinámica do primeiro equipo, co que xa tivo ficha o último curso, e co que acumulou 33 encontros e 2 goles na Primera Iberdrola.
Internacional española nas categorías sub-16, sub-17 e sub-19, con esta última proclamouse campioa de Europa en 2018, nunha selección na que formaban as exdeportivistas Malena Mieres, Teresa Abelleira e Athenea del Castillo.
Carlota Sánchez segue unha tempada máis
Carlota Sánchez Sánchez (A Coruña, 21 de xaneiro de 2002) renovou o seu compromiso co Deportivo ABANCA por unha temporada, até xuño de 2022.
Despois do seu primeiro curso completo na dinámica do primeiro equipo, Carlota cumprirá a súa quinta campaña no Club, ao que se incorporou na temporada 2017-2018 procedente do Orzán SD, e no que até agora principalmente participou no segundo equipo.
Internacional sub-17 e sub-19 en numerosas ocasións, a centrocampista coruñesa debutou co Dépor ABANCA con 16 anos (o 23 de setembro de 2018 fronte ao CD Monte en Abegondo) e en Primera Iberdrola con 17. Desde entón disputou 16 encontros co Deportivo ABANCA: 10 en Primera Iberdrola e 6 en Segunda División, nos que marcou un tanto.
Dani Barcia renova ata 2024
Dani Barcia Rama (O Temple, 2003), defensa central formado no Club desde o Benxamín B, e que acaba de proclamarse Campión de España co Xuvenil A, asinou esta mañá na sede do Real Club Deportivo o contrato profesional que o vincula ao Club até 2024.
Ademais de Barcia, Pablo Pérez Garaboa (A Coruña, 2004), dianteiro en idade xuvenil procedente do Ural, co que esta temporada xogou en Liga Galega e División de Honra, após militar con anterioridade en Oza Juvenil e Atlético Coruña Montañeros, incorpórase ao RC Deportivo para o tres próximas temporadas.
-Foto, Dani Barcia : RC Deportivo
-Foto : Alejandra Serrano : Global Sport Talent
-Texto RC Deportivo/piratasdemuxia