AKETXE : “O EQUIPO E A AFECCIÓN TEÑEN QUE IRA A UNHA”

 

Ager Aketxe foi o protagonista na sala de prensa de Abegondo.

Do mesmo xeito que onte Koné en zona mixta, o atacante vasco asegurou que os futbolistas branquiazuis sentíronse, co ambiente na bancada de ABANCA-RIAZOR, “súper arroupados. O equipo e a afección teñen que ir a unha. E iso ao final nótase porque nos dá ese empuxón para encarar eses minutos finais que onte nos facían falta. Tería que ser a liña a seguir porque nos axudou moito”.

Cre que “na primeira parte controlamos un pouco todo. Faltounos ser un pouco máis profundos e xerar máis ocasións de perigo. Fixemos o máis difícil que foi poñernos 2-0. E cando mellor estabamos, cando empezabamos a estar máis soltos, non estamos finos nunha xogada de estratexia e aí fainos moito dano ese gol. E logo empátannos. Ao final Christian Santos rescatounos, meteu un golazo e temos que estar contentos porque era importante empezar a liga con 3 puntos”.

A nivel persoal, recoñece Aketxe que “na primeira parte custoume bastante entrar en xogo. Logo na segunda, cando o equipo se soltou un pouco máis, atopeime un pouco mellor. De menos a máis”.

Asegura estar a disposición de Juan Antonio Anquela e a súa posición no terreo de xogo será “onde queira o míster. Adoito xogar entre a mediapunta e a banda dereita. Síntome cómodo nos dous sitios”.

Rememora ante os medios de comunicación o seu primeiro gol coa camiseta branquiazul: “Koné creo que lla deixa a Álex, eu dóbrolle, déixama e xa me perfilo para xutar. Xusto sae ben, á esquina, e contento”.

Subliña estar “feliz, contento” polo seu arranque de temporada, con gol onte e declarado mellor xogador do Trofeo Teresa Herrera do pasado 10 de agosto ante o Real Betis: “Estou feliz por como me está saíndo todo, por como me están arroupando os compañeiros. Empezamos ben, así que satisfeito”.

Preguntado polo VAR, decisivo no primeiro gol do Dépor onte en ABANCA-RIAZOR, opina que “fai que o fútbol sexa máis xusto e quita esa cousa ao fútbol. Pero estou a favor diso. Quizais se terá que ir mellorando co paso do tempo pero vén ben”.

-Texto do resumo de rcdeportivo.es-

 

Abaixo na portada da web tes os noso “Vídeos Recomendados” nos que podes ver ao completo a rolda de prensa do xogador e tódolos vídeos que sube o Deportivo.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies