AGORA TOCA FALAR…A VENDA A “I FASE DE AMPLIACIÓN DE CAPITAL DO RC DEPORTIVO”.

 

Co comezo da semana e tras ser aprobada na Xunta Xeral Extraordinaria de Accionistas do pasado martes 28, hoxe luns 3 de agosto comeza a venda física de accións da Ampliación de Capital Social, que se iniciou o pasado sábado día 1, mediante achega dineraria ata un importe máximo de 35.000.016,30€.

A Ampliación de Capital está dirixida, nas súas dúas primeiras fases, aos actuais accionistas do Real Club Deportivo da Coruña, SAD, que teñen deste xeito garantido o exercicio do seu dereito de subscrición preferente.

En Fase I, que se abre o 1 de agosto e péchase o 4 de setembro, os actuais accionistas poden comprar accións en proporción á súa participación no Capital Social, é dicir, como máximo poden comprar tantas accións como posúan antes de comezar esta Ampliación de Capital.

Para comprar as accións, o Real Club Deportivo, habilitou tres vías:

– Online: a través da páxina: www.rcdeportivo.es/tempodeaccion, onde o accionista, calquera día e a calquera hora poderá completar a xestión da compra de accións.
– Presencialmente: na Oficina de Atención ao Deportivista do Estadio ABANCA-RIAZOR (avenida de La Habana s/n) en horario de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 h.
– Mediante transferencia bancaria: á conta ES25 2080 0012 3030 4005 2532, remitindo por correo electrónico a accionistas@rcdeportivo.es a copia do DNI e o xustificante da transferencia.

Nota: Os deportivistas que na campaña de compensación de Abonos do Dépor 19-20 escolleron a Opción 3 (Moedeiro Dépor Ampliación de Capital) deberán facer efectiva a súa compra coa devolución acumulada na Oficina de Atención ao Deportivista na Fase da Ampliación que lle corresponda.

O importe máximo a subscribir nesta fase é de 35.000.016,30€ representado por 582.363 accións, números 753.619 ao 1.335.981, ambos inclusive.

A Fase II, destinada aos actuais accionistas que desexen incrementar a súa participación no Capital Social do Club e que participen na Fase I, subscribindo accións adicionais, poden facelo do 5 ao 19 de setembro. O importe máximo a subscribir nesta fase é a contía resultante da diferenza entre a cantidade de 35.000.016,30€, cifra a que ascende o importe máximo da ampliación de capital dineraria e o importe de capital social efectivamente subscrito polos Accionistas do Club en exercicio do dereito de subscrición preferente na Fase I anterior.

A Fase III, destinada a terceiros non accionistas, desenvolverase desde o día 20 de setembro até o día 4 de outubro, ambos inclusive e será de carácter totalmente aberto exclusivamente para quen non sexan accionistas do Club e en virtude da cal calquera terceiro non accionista poderá converterse en accionista da Entidade. En calquera caso, existirán os seguintes límites de subscrición por parte dos terceiros non accionistas:
• Un límite mínimo de investimento por persoa física ou xurídica de dúas (2) novas accións, isto é de 120,20€.
• Un límite máximo de investimento por persoa física ou xurídica de 4.500 novas accións, isto é, a cantidade de 270.450€

Toda a información sobre a Ampliación de Capital do Real Club Deportivo está dispoñible en www.rcdeportivo.es/tempodeaccion e as consultas poden realizarse a través do correo accionistas@rcdeportivo.es ou no 981 259 500 en horario de apertura da OAD, tamén dispoñible para atender a todos os accionistas do Dépor.

 

-Foto e Texto :  RC Deportivo

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.