AGER AKETXE LESIONADO CUN PROBLEMA MUSCULAR NA PERNA DEREITA.

Aketxe no adestramento de onte.

 

Ager Aketxe que estes días se amosaba moi contento de retomar a actividade e que estaba a ensaiar con ímpeu os lanzamentos de falta, algo que pode ser crucial a hora de sumar puntos, queda fora do grupo por unha lesión muscular da que nos informa o RC Deportivo, pero se decirnos o grao da lesión, polo que se converte en seria dúbida para o reinicio da competición que para os nosos será o vindeir 14 de Xuño a partires das 17:00 horas en Riazor.

 

Parte médico do xogador

Ager Aketxe foi sometido este mediodía a probas médicas a consecuencia dunhas molestias que arrastra na súa perna dereita. Os Servizos Médicos do Club, a tenor dos exames, detectaron unha lesión muscular no seu cuádriceps dereito. O futbolista vasco estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia; e, a medida que a súa evolución o permita, pasará a continuación ao traballo de readaptación física supervisado polo readaptador Fran Molano.

-Foto : RC Deportivo

-Texto :  piratasdemuxia.es/RC Deportivo

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.